sábado. 19.07.2025
El tiempo

Xabier Díaz e Mercedes Peón compartirán protagonismo cos grupos locais na Festa Galega de Malpica

Festa Galega de Malpica 2025
Xabier Díaz e Mercedes Peón compartirán protagonismo cos grupos locais na Festa Galega de Malpica

Aínda queda un mes pero Malpica xa quece motores para a XVI Festa Galega, un encontro emblemático coa música e a tradición que terá lugar os días 15 e 16 de agosto de 2025, no porto (zona do Travelift).

Durante dúas xornadas intensas, Malpica converterase nun escenario privilexiado para gozar da cultura galega a través das voces e sons das mellores agrupacións tradicionais, combinando concertos, cantareiras e espectáculos de referencia no panorama musical galego.

Este é o programa:

Venres 15 de agosto:

  • 21:30 h – Cantareiras ACD Carcaxía
  • 22:00 h – Cantareiras AC Malante
  • 22:30 h – Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre
  • 00:15 h – Alana

Sábado 16 de agosto:

  • 22:00 h – Cantareiras AC Raigañas
  • 22:30 h – Do Rivés
  • 23:00 h – Mercedes Peón co seu espectáculo Ingrávida
  • 00:15 h – Tanto Nos Ten

Comentarios