A confraría de Malpica convoca 4 novos cursos

06:16 24/02/17

Importantes estes novos cursos que abre a Confraría de Malpica para este 2017. Cursos que moitas veces son necesarios para exercer. É importante ter en conta que a concesión dos cursos depende directamente da xente que se inscriba. Farase un listado de interesados, despois farase a inscripción unha vez cheguen as datas e horarios. En ningún caso estar na lista de interesados é estar inscrito no curso.:
- PATRÓN LOCAL DE PESCA. 25 prazas. Datas e horario por determinar. É obrigatorio ter feito Mariñeiro Pescador para poder inscribirse.
- GMDSS (RESTRINXIDO). 12 prazas. 02/05/17-12/05/17. Luns a Venres: 15:30h-22:30h.
- FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA NIVEL INICIAL. 16 prazas. Datas e horarios por determinar.
- CURSO DE PERCEBEIRO. 25 prazas. Datas e horario por determinar.
Compre entregar fotocopia do DNI, e estar “activo” no no Réxime Especial do Mar durante algún momento da vida laboral (para o curso de percebeiro, non é necesario).
Poden poñerse en contacto no 981 720 011 ou en [email protected].
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Redacción de QPC ([email protected]).