Venres. 30.09.2022
El tiempo

A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo

A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo
Imaxe dunha mariscadora en 2011

Parece un deses asuntos que estará con nós toda a vida. A contaminación da ría de Corcubión parece un mantra que se repite ano tras ano sen que se tome decisión algunha para solventalo. Esta semana, volve ser o BNG o que leva ao Parlamento Europeo a preocupación pola posible vulneración de varias normativas referidas ao saneamento da ría con respecto á calidade das augas.

A última formulada no 2010, co rexistro E-1181/10, e coa resposta do Sr. Potočnik en nome da Comisión (DO C 138 E de 07/05/2011) manifestando que “ ..a Comisión ten iniciado unha investigación para comprobar o cumprimento na ría de Corcubión dos requisitos establecidos na Directiva 2006/7/CE, relativa á xestión da calidade das augas de baño, e na Directiva 2006/113/CE, relativa á calidade esixida as augas para cría de moluscos”. Transcorridos varios anos a ría continua na mesma situación de deterioro ecolóxico e irregular saneamento.

Se ben as mariscadoras volvían traballar dous anos despois na ría, lembran que esta “sempre contou cunha alta produtividade ecolóxica que favoreceu unha importante actividade marisqueira artesanal que, lamentablemente, logra manterse marxinalmente, a pesar dos esforzos por recuperala por parte dos e das mariscadoras”.

Recordaron que “a depuradora urbana con importantes deficiencias de deseño e funcionamento. Soportanumerosos focos de vertedura de augas fecais. Trátase dun grave problema de saneamento integral, crónico e en incremento, para o que as autoridades do goberno de España e Galicia non lle teñen prestado a atención necesaria, co que se acaban mantendo no tempo episodios de eutrofización antrópica descontrolada, que orixinan concentracións planctónicas de biotoxinas Lipofílicas, de ASP amnésico, e PSP paralizante, altamente tóxicas, e que obrigan a pechar repetidamente os aproveitamentos marisqueiros. Nestes momentos rexístranse niveis de ASP, en grado B (“de alerta”); e Lipofílica, en grado C, de “nivel de prohibición de extracción”. Ademais existen vertidos de hidrocarburos directos, o último en decembro de 2016, que obrigou a pechar a ría. Así como a aparición de contaminanción por HAP que poden gardar relación con antigos depósitos de escouras para recheos”.

Saneamento integral

Parece evidente que “a ría de Corcubión precisa dun saneamento integral para poder recuperar a excelencia doutras épocas”.

Por iso dende o BNG lle preguntan á Comisión Europea se coñece a situación da ría “ao respecto da súa falta de saneamento integral das augas, situación que a condena a un deterioro ambiental crónico e impide manter e recuperar a actividade marisqueira artesanal que sempre tivo? A comisión informou no 2010 que se estaba a investigar a situación de contaminación da ría, Cales foron os resultados da mesma? Considera a comisión que resultaría posible recuperar a potencialidade marisqueira artesanal da ría de sanearse as súas augas e aprobarse plans de recuperación dos bancos marisqueiros?”

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG.

comentarios