luns. 18.08.2025
El tiempo

Rotunda demostración de apoio á aínda alcaldesa de Fisterra Áurea Domínguez

Fisterra con Aurea Dominguez.Foto-Steffen PFeiffer
Concentración en Fisterra en apoio á Áurea Domínguez.Foto-Steffen PFeiffer
Rotunda demostración de apoio á aínda alcaldesa de Fisterra Áurea Domínguez

Este martes 19, ás 12:00h, o pleno de Fisterra acollerá a moción de censura que os 5 edís do PP e o concelleiro expulsado de Alternativa dos Veciños van levar a cabo contra a aínda alcaldesa, Áurea Domínguez (Alternativa). 

Pero este domingo, o pobo fisterrán saíu á rúa para defender á que aínda é rexedora, e critica a moción de censura. Centos de persoas concentráronse ás portas do Concello para demostrar o seu apoio a unha alcaldesa, que en apenas 2 anos de goberno, deixa un pouso moi importante. "Fixo máis ela en dous que o resto en décadas", declaran numerosos veciños que critican a postura do PP e do edil ferido.

Domínguez chegou á alcaldía tras presentar unha candidatura con Alternativa dos Veciños pouco meses antes das Eleccións Municipais de 2023. Ante a sorpresa de todos conseguía 3 concelleiros, superando PSOE (2 edís) e BNG (1 edil), pero contando co seu apoio na investidura para evitar así o goberno popular. Leva dous anos de goberno complicado, sen maiorías, e perdendo o apoio dun dos seus edís, Tito Traba, pai do asesor, Juanfran Traba, que lle axudou a chegar á alcaldía. Ficou ao seu carón o outro edil, Manuel Lestón, e foi sacando proxectos con moita negociación.
A pesar das dúbidas ao longo destes últimos meses da provincial do partido, estas pasadas semanas dende Oleiros, o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, confirmaba o seu á rexedora e a expulsión de Traba do partido.

Máis novas da moción

 

Comentarios