A xarda costeira, para os barcos vascos
12:12 05/05/17
Barcos galegos tirando xarda ao mar de volta por falta de cota-Foto-Xose Iglesias
Mariñeiros de toda a Costa da Morte vén estes días como barcos vascos, cántabros e mesmo asturianos faenan nas nosas augas para pescar xarda. Unha xarda que non poden pescar o nosos barcos de pesca artesanal por temas de cotas. Unha xarda que de feito teñén que tirar de volta cando a pescan sen intención. Un problema que vén denunciando a Asoar-Armega dende hai anos.
Moitos dos nosos mariñeiros denuncian que en menos dunha semana xa completan a súa cota de xarda, polo que teñen que andar tirándoa, morte, ao mar.
Novas críticas políticas
O pasado mes de abril o BNG presentaba unha iniciativa no Parlamento Galego para que a pesca artesanal tivera máis cota de xarda, que saíu rexeitada por mor dos votos en contra do PP.
Hoxe, o BNG volve "censurar a ruína a que está abocada a flota artesanal galega co actual modelo de reparto de especies estratéxicas como a xarda. Este días podemos comprobar como a pesca da xarda está pechada para as artes menores, mentres outras flotas a pescan nas nosas augas, vendéndoa nas lonxas galegas e a flota galega tena que tirar ao mar morta".
Para o BNG, "a consellería do Mar non está a defender os dereitos da flota galega e consinte un modelo de reparto que concentra nunhas poucas embarcacións o dereito a poder pescar xarda mentres a maioría da nosa flota de artes menores apenas lle corresponde cota. É un reparto inxusto, discriminatorio e non contribúe a un modelo de pesca sostible”.
Lembran que este ano repartíronse un total de 1.020.996 ton, correspondendo ao Estado español 32.466 (despois de descontar as 5.544 ton da multa que pagamos todos por igual) e que outros utilizaron a sobrepesca para aumentar os seus supostos dereitos históricos). Para as artes menores repartíronse apenas 12.000 ton das cales a Coruña, tocoulle 828 ton, encontrándonos que si para as artes do anzó durou dúas semanas para a pesca accidental a pesca durou entre o 20 de marzo e o 18 de abril.
A deputada do BNG, Montse Prado preguntará na vindeira comisión de pesca, prevista para o xoves 11 de maio, polos ingresos das embarcacións galegas en contraposición a das outras comunidades, cantos días puido faenar unha embarcación adicada á pesca dirixida e se a Xunta trasladou algunha queixa ao Goberno central polo novo modelo de reparto da pesquería da xarda que claramente discrimina á flota galega.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).