Xoves. 25.04.2024
El tiempo

“As praias de Muxía volven quedar sen bandeira Azul pola irresponsabilidade do alcalde”

“As praias de Muxía volven quedar sen bandeira Azul pola irresponsabilidade do alcalde”
Praia do Lago de Muxia sen bandeira azul A Praia do Lago de Muxía tampouco terá este ano Bandeira Azul

Así o asegura a portavoz do PP muxián, Sandra Vilela, tras coñecer que ningunha das 10 praias da Costa da Morte que terán Bandeira Azul este verán é do Concello de Muxía.

A realidade é que o concello, nos últimos 10 anos, nunca se preocupou por solicitar estes distintivos turísticos, a pesar de intentar promocionar os seus areais. Algo, que segundo Vilela é unha “actitude irresponsable dun goberno local que está a perder a oportunidade de impulsar o sector do turismo”.

O PP apunta á “inacción” do Concello como causa de que as praias de Muxía volvan quedar sen Bandeira Azul, xa que cre que “o Concello de Muxía ten os medios necesarios para cumprir cos requisitos esixidos para contar con este distintivo do mesmo xeito que fan outros municipios da Costa da Morte”.
“Ou pasan absolutamente de todo, ou están incapacitados para poder cumprir coas esixencias. Calquera das dúas opcións é moi grave e moi prexudicial para os veciños”, lamenta.

Recorda ademais que “este municipio recibiu 750.000 euros só por conceder a licenza para a construción do Parador”, cartos “máis que suficientes para que o Concello de Muxía coloque paneis informativos sobre os ecosistemas litorais das praias, poñer en marcha unha oficina de turismo, dotar de papeleiras e colectores aos areais, habilitar baños públicos e un punto de auga potable, e dotar de servizo de socorrismo ás praias, entre outras cousas”.
“A calidade da auga das nosas praias –Lago, Nemiña, Muíños o Lourido- é excelente, así que o resto é cousa do executivo local, pero xa sabemos que é incapaz de imitar a outros municipios da comarca que si contan con bandeira azul nas súas praias para desgraza de todos os veciños de Muxía”, afirmou Vilela.

 

Se ben é o primeiro ano que o Porto Deportivo de Muxía si que levará Bandeira Azul, para Vilela esta foi unha ocasión perdida.

Novas relacionadas

Fonte

  • PP de Muxía.

Comentarios