As zonas ideais para facer surf na Costa da Morte
Turgalicia vén de actualizar o mapa das zonas de surf de todo o litoral galego. A publicación é algo dubidosa, porque o veñen de incluir nos xornais de papeis de Galicia (outro xeito de subvencionar ás cabeceiras tradicionais por parte deste goberno da Xunta) pero nin se querera o actualizaron na páxina web de Turgalicia.
En todo caso son boas novas para o litoral costeiro, pois o mapa recolle moita máis información da nosa comarca. Unha actualización desenvolta a través do CMAT, dos fíos de Pablo Canosa e Pepe Formoso e os coñecementos de Felipe Sar.
Ata o ano pasado, o mapa apenas destacaba Soesto e Nemiña como areais ideais para a práctica do surf, facendo tamén unha pequena referencia ás praias de Traba e O Rostro.
Este ano, no marco da iniciativa Galicia Surfing, a cousa cambia na Costa da Morte. Son 4 as praias que teñen unha descrición especial: Nemiña, Soesto, Malpica e Razo.
mapa xa recolle A Tremosa, a famosa onda de Corme, e tamén a pontecesá praia da barra.Máis abaixo, o mapa fala da laxeira de Traba e das ondas da camariñá praia de Arou. En Muxía hai ondas e Lourido e Moreira e ollo coas ondas da zona de Touriñán.
Tamén a praia do Rostro e a de Mar de Fóra, en Fisterra, danse ben para sacar a táboa. E polo sur, O Pindo, Carnota, Ancoradoiro e Louro tamén teñen certas mareas.
O mapa ademais inclúe as zonas ode se pode aparcar coa furgo.