Martes. 27.10.2020
El tiempo

Calafateando: Os nosos oceános, o noso futuro

Calafateando: Os nosos oceános, o noso futuro
Adiantamos o artigo semanal de Calafateando de  Fresco y del mar que nos pon a reflexionar sobre os "Días de..." precisamente hoxe, unha data sinalada no calendario. fisterra-dia-oceanos Dúas terceiras partes da superficie están cubertas por océanos que albergan o 90% da biodiversidade. Imaxe: Turismo.gal Hoxe celebramos o día mundial dos Océanos; unha data moi especial que se instituiu no ano 2008 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de recoñecer o importante papel que os oceános teñen para a saúde do planetae que se commemora cada 8 de xuño dende o ano 2009. O lema deste ano é "Nuestros océanos, nuestro futuro". Dúas terceiras partes da superficie da Terra están cubertas por océanos convertíndose así nos verdadeiros pulmóns do planeta. Calcúlase que albergan o 90% da biodiversidade. Os océanos resultan esenciais para as nosas vidas na terra xa que son os grandes xeradores da maior parte do oxíseno que respiramos, absorben unha gran cantidade das emisións de carbono, son reguladores do clima e proporcionan alimento, nutrintes e enerxía. Un alumno de bacharelato fainos chegar o seu punto de vista crítico sobre a celebración do Día Mundial dos Oceános. "Con motivo das celebracións do día mundial do medio ambiente (5 de xuño) e do día mundial dos océanos (8 de xuño) no instituto pedíronnos que realizasemos distintos traballos relacionados con ditas datas. Dende o meu punto de vista considero que non estamos sendo xustos cos nosos oceános, incluso me atrevo a dicir que estamos sendo demasiado irresponsables con quen tanta vida nos aporta. Teño que confesar que me costa celebrar os "días de...", xa que considero que nalgúns casos responden máis a intereses meramente comerciais, como poden ser o día dos namorados, día da nai o día do pai e noutros casos en datas con marcado carácter reivindicativo, como son o día da muller traballadora o día internacional do traballo o o día mundial da paz entre outras moitas, que penso que nunca deberían celebrarse. Explícome. Ao igual que non esperamos a esas datas tan sinaladas no calendario para demostrarlle o noso amos á nosa parella, agradeceller aos nosos pais por traernos a este mundo e recoñecer a súa inmesa labor educativa, tampouco deberíamos esperar a estas datas para conmemorar ou reivindicar os dereitos dos traballadores, a loita da muller pola súa participación en pe de igualdade co home na sociedade ou fornecer os ideais de paz en cada rincón do mundo. Algo non funciona. Do mesmo modo, paréceme absurdo celebrar o día mundial dos océanos ou o día mundial do medio ambiente. Recompilando información para dar resposta á pregunta de por que celebrar os "día de..." atópome con que a Organización de Nacións Unidas (ONU) dinos que estes días serven para sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver un asunto importante na sociedade para que a través desta sensibilización os gobernos e os estados actúen e tomen medidas para que os cidadáns así o esixan aos seus representantes. Pois ben, mal vamos como sociedade se temos que esperar a estas datas concretas do mes de xuño para sensibilizar á xente da necesidade de preservar o medio ambiente ou de recoñecer a importancia que os oceános teñen para a saúde do planeta e dos seus habitantes. Debemos actuar con responsabilidade e sen necesidade de reivindicarse con carácter anual utilizando as redes sociais para "xustificarnos" ante a nosa contorna publicando ese lema tan bonito ou esa imaxe tan bucólica que localizamos facendo unha procura rápida en "Google" e desta forma xa cumplimos ata o vindeiro ano que volveremos a airear a nosa chaqueta reivindicativa. Pero os nosos océanos e o nos medio non entenden de slogans ou de boas intencións. O movemento demóstrase andando e o que deberíamos facer é evitar situacións que claramente van na dirección de cargarnos o medio ambiente e os océanos, en definitiva, de hipotecar o noso futuro. Como exemplos desta paulatina destrucción da nosa contorna, facéndoo cada vez menos habitable, podemos fixarnos na situación dos nosos océanos, onde a sobreexplotación pesqueira, a pesca ilegal e non reglada, as prácticas insostibles da acuicultura intensiva, a contaminación mariña, a destrucción do hábitat, o cambio climático e a acidificación están causando un gravísimo dano aos acéanos e mares. Os humanos somos boa parte do problema pero tamén somos a solución, nas nosas mans está revertir esta preocupante situacióin. Se queremos dispoñer duns mares limpos e sans, desfrutar das mellores praias e dos mellores peixes e mariscos temos que actuar responsablemente cada día do ano. Os nosos océanos, son o noso futuro. Nos últimos días tiven un dulce soño e éste non era outro que poder vivir sen "días de...", pero a cruda realidade converteuno nun pesadelo.  

Artigos para calafatear

Novas sobre as redeiras

Outras novas do mar

Fonte

comentarios