Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A confraría de Fisterra cumpre 100 anos

A confraría de Fisterra celebrou onte o seu centenario cun acto no que participaron distintas autoridades
A confraría de Fisterra cumpre 100 anos

A confraría de pescadores Nosa Señora das Areas de Fisterra está de aniversario chegado aos 100 anos de historia. A data conmemorouse cun acto que tivo lugar onte e ao que asistiron diferentes autoridades da zona e entre elas o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen destacou o excelente labor que realizou esta entidade nos seus 100 anos de historia na defensa dos intereses dos profesionais do mar da zona. Neste sentido, incidiu en que as confrarías contribúen a impulsar o sector e a traballar na busca de melloras que faciliten a vida diaria dos traballadores vencellados co mar, coa actividade extractiva e cos portos.

Ao acto tamén asistiou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, quen tendeu a man aos responsables da confraría de Fisterra e trasladoulles o compromiso da Xunta na adopción de políticas que contribúan a garantir o futuro do sector marítimo-pesqueiro galego e a superar os retos aos que se enfronta.

Nesta liña, Alfonso Villares agradeceu o traballo constante e o compromiso coa xente do mar de Fisterra do actual patrón maior, José Manuel Martínez. De feito, con máis de dúas décadas á fronte da confraría, trátase do patrón maior que máis tempo ostentou o cargo - dos 16 que houbo ata agora en Fisterra- e tamén o que acumula máis anos no posto de todos os de Galicia.

Comentarios