Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Gravando as ondas XXL da Costa da Morte

Gravando as ondas XXL da Costa da Morte
Axi Muniain na Costa da Morte Axi Muniain volveu Costa da Morte Esta fin de semana as ondas da Costa da Morte tiveron unha nova visita ilustre. Unha visita continuada, porque Axu Muniain non perdoa onde sabe que hai unha boa onda salvaxe. E a Costa da Morte xa ten demostrado que o seu nome non é baladí, polo que cada ano volve á nosa bisbarra en pleno temporal, para cabalgar a onda Mutante. Desta volta, e gracias a Asociacion de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), que patrocinou parte da viaxe, o mundialmente coñecido surfista, estivo gravando as ondas XXL que deixou o temporal na zona de Corme. O sábado foi un día completo, e conseguiron rubir grandes ondas. O domingo baixou o mar e cambiou o vento e non houbo sorte, e o luns probaron en Nemiña. Acompañouno Sebastian Steudtner, bicampeón mundial das olas XXL. Conseguiron boas imáxenes surfeando as olas chamadas XL. Tamén contaron coa compañía do muxián Felipe Sar, gran surfista e coñecedor das mellores praias da Costa da Morte para surfear. [fbvideo link="https://www.facebook.com/AsEirasLires/videos/1187491018054809/" width="800" height="450" onlyvideo="1"] Dende APTCM amosáronse “encantados de que xente tan importante no ambito do surf como son Axi Muniain e Sebastian Steudtner nos visiten e den a coñecer as nosas costas para a práctica deportiva do SURF, tamén agradecer a Felipe Sar o seu apoio e coñecemento da Costa. Pensamos que a Costa da Morte ten un potencial enorme para este deporte e consideramos que todo o que teña que ver coa práctica de deportes, así como os diferentes campeonatos e demáis eventos deportivos que se podan propiciar na Costa da Morte implican o maior coñecemento do noso entorno, e polo tanto, un aumento de visitantes no Xeodestino”. Axi Muniain e Sebastian Steudtner na Costa da Morte Axi Muniain e Sebastian Steudtner na Costa da Morte Axi Muniain e Sebastian Steudtner na Costa da Morte Axi Muniain e Sebastian Steudtner na Costa da Morte

Novas relacionadas

Novas surfeiras

Fonte

comentarios