O BNG de Camariñas critica a parálise do Concello e da Xunta para solucionar os problemas de contaminación das praias excluidas para o baño
Dúas das sete praias nas que non te podes bañar este verán danse en Camariñas. Camelle e Area da Vila volve ser, un ano máis, zonas excluídas para o baño por ter augas de calidade insuficiente. Unha situación recurrente nun areal urbano moi concorrido, polo que a voceira do BNG camariñán, Ilva Carril, vén de denunciar que o Concello de Camariñas e Xunta de Galiza non estan a facer nada por solucionar esta situación.
E iso que a propia normativa insta ás autoridades a tomar as medidas necesarias para corrixir a situación. I é que xa son máis de 5 anos con esta catalogación, polo que a propia Xunta exclúe mesmo do censo os areais ata que non se acometan obras de saneamento, enin siquera se realizan as medicións.
Carril lembra que a exposición a bacterias fecais poden provocar problemas de saúde e en moitos casos dixestivos.