O BNG tamén presenta en Laxe unha moción para modificar a Lei de Portos
11:35 06/07/18
Varias terrazas están afectadas en Laxe pola normativa de Portos
En varios estamentos está presentando o BNG unha moción para modificar a Lei de Portos que permita flexibilizar os seus usos para actividades festivas. Tamén o pedíu o PSOE, e agora é o BNG de Laxe o que presenta no seu pleno unha moción para instar á Xunta a que realice as modificacións lexislativas oportunas para que non lles apliquen varios artigos ás entidades organizativas sen ánimo de lucro que organicen actividades nas instalacións portuarias.
O BNG considera que a lei ten un “claro afán recaudatorio”, e por iso pide, por exemplo, que as entidades sen ánimo de lucro queden exentas do pago das taxas pola realización de actividades no denominado dominio público portuario, ademais de reducir as “abusivas sancións” vixentes, asó como as sancións por bañarse ou mergullarse nas augas interiores do porto e pesca dende os peiraos, excluíndo así á pesca deportiva da prohibición que rexe sobre o desenvolvemento de actividades pesqueiras nas augas interiores do porto constitutivas da denominada “zona I”.
Vai máis aló o BNG en clave local e pide que se leve a cabo un procedemento entre o Concello de Laxe e Portos de Galicia co obxecto de transferir a titularidade ao noso Concello do espazo da Avda. Rosalía de Castro de dominio público portuario que é obvio que está integrado no casco urbano e que claramente non ten uso portuario de ningún tipo.
O BNG intenta con estas medidas que as 5 terrazas hosteleiras afectadas no caso de Laxe, deixen de pagar unhas tarifas esaxeradas, curiosamente por 3 conceptos distintos (silla, mesa e metro cadrado). Unha cuestión que vai en liña coa asunción municipal da competencia xestión da AC-429 acordada ca Xunta.