Luns. 07.10.2024
El tiempo

O saneamento do Pindo ve a luz ao final do túnel

O saneamento do Pindo ve a luz ao final do túnel
Colector principal e bombeo na praza da Solaina do Pindo Colector principal e bombeo na praza da Solaina do Pindo Cuadro da bomba da praza sin conectar a Rede do Pindo Cuadro da bomba da praza sin conectar a Rede do Pindo

Parece que o asunto do saneamento do Pindo dá un paso adiante. Despois de moistos meses de retrasos (ía estar solventado en setembro do ano pasado…), a empresa fixo entrega á Xunta das obras do novo colector de saneamento que une o Ézaro coa depuradora de Panchés. Un colector que servirá para, entre outras cousas, solucionar os problemas de cheiros e verteduras no mesmo centro da praia do Pindo.

A semana pasada a Xunta, unha vez que recepcionaba as obras realizadas pola empresa Caricles, enviaba unha notificación ao Concello pedindo que as recibise. O Concello de Carnota, antes de recepcionalas quere comprobar que todo está correctamente, que non hai deficiencias e quere saber que é o que falta. Para iso pediulle á empresa Espina un informe completo, que está a redactar e que debería estar a piques de entregar. “Se Augas di que a obra está ben, eu entendo que non vai haber problemas, pero queremos que Espina faga unha memoria para ver que potencia temos que contratar, e canto nos vai custar a conexión, tanto dos colectores vellos, como dos colectores dos “barrios””, explica Moncho Noceda, alcalde carnotán. “A conexión vai ser un investimento importante pero se podemos conectalos mañá non esperaremos á semana que vén”, sinala, deixando claro que mesmo xa falou co alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, para desenvolver conxuntamente a conexión do lugar do Ézaro.

A idea do Concello é conectalo antes da campaña forte do verán.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios