Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os socialistas piden máis "flexibilidade" no uso dos portos

Os socialistas piden máis "flexibilidade" no uso dos portos
Loli Toja A laxeira Loli Toja

Moitos recordan aquela alarma arredor da Festa de San Pedro, en Muros, cando, en 2015, o Portos de Galicia ameazaba con impedir unha festa que se celebra sempre nas zonas porturarias. A problemática segue enriba da mesa e son varias as festas que seguen pendentes do si da entidade autonómica.

O pasado venres foi a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, a laxeira Loli Toja, a que reclamaba hoxe ao responsable de Portos de Galicia que “flexibilice” a resolución de setembro de 2017 que restrinxe o uso público dos portos galegos a actividades relacionadas exclusivamente co ámbito mariñeiro e de arraigo tradicional. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca celebrada hoxe.

Loli Toja insta á Xunta a “ter en conta a realidade social e cultural de Galicia, onde os portos están integrados nas vilas”. “Todo isto non é máis que una forma de gobernar, no que se regula de costas ás persoas que conviven, traballan e sofren o resultado desas regulacións, e ao final una boa parte dos seus esforzos destínanse á adaptación a esas novas regulacións que parecen provir do descoñecemento e do sectarismo de Portos de Galicia”, espetou a portavoz socialista.

Fonte

Comentarios