Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Os socialistas denuncian a posta en perigo do servizo de Salvamento Marítimo

Os socialistas denuncian a posta en perigo do servizo de Salvamento Marítimo
Loli Toja A laxense Loli Toja é a portavoz de Pesca do Grupo Socialista

Ben sabemos da necesidade dun bo servizo de Salvamento na Costa da Morte. Episodios como os de onte mesmo, en Mar de Fóra emais no Monte Pindo dan conta da urxencia dun servizo público de calidade. Aquí xa coñecemos a tráxica e teal historia do inoperante heliporto de Salvamento de Rubio, pero a problemática no sector esténdese a toda Galicia.

Segundo denuncia hoxe a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, a laxense Loli Toja, “corre perigo a continuidade dos helicópteros de Salvamento Marítimo por mor dunha xestión chapuceira e temeraria por parte da Xunta de Galicia”. Así o dixo logo de declarar deserto o Servizo de Gardacostas de Galicia, que remata no mes de outubro sen que ningunha empresa se vaia facer cargo.

A responsable socialista advertiu que “non se pode xogar coa seguridade dos galegos e das galegas para facerlle un traxe á medida a unha empresa”, e lembrou que “no que vai de século XXI levamos preto de 100 sinistro marítimos en Galicia”. Os socialistas galegos reclamaron a comparecencia do subdirector xeral de Gardacostas e levarán ao próximo Pleno unha proposta para esixirlle á Xunta que garanta a continuidade do servizo.

Antecedentes

Toja sinalou que o goberno galego vén de poñer en perigo a continuidade dun servizo vital no que demostraron unha “absoluta incapacidade de xestión”. A situación vén, explicou, da adquisición en 2005 dos dous helicópteros de Salvamento por 27 millóns de euros, que “malvendeu” en 2012 por 13 millóns á mesma empresa que viña prestando o servizo.
A partir daquel momento, un servizo que custaba dous millóns de euros cada ano pasou a supor 9 millóns para a empresa propietaria das aeronaves que antes eran do goberno galego. Agora esa mesma empresa decide non concorrer ao concurso do servizo, co que Galicia está “sen helicópteros e sen servizo de Gardacostas” dende o próximo mes de outubro.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios