![Marcha popular pola pesca artesanal en Corcubion]()
Como cada mes, desde finais do 2014, a
confrafía de pescadores Virxe do Carme de Corcubión organiza unha andaina coa que pretenden reivindicar unha pesca sostible. Así, o vindeiro
sábado, 17 de outubro, ás dez da mañá sairán da praza de Castelao para percorrer dez quilómetros, aproximadamente. O punto de chegada é a lonxa corcubionesa, arredor da unha da tarde, onde haberá unha
degustación de polbo da zona e o patrón maior, José Domínguez, lerá un
comunicado onde se explique a situación. "Ante a pasividade dos dirixentes da política pesqueira sobre as nosas recomendación en defensa da pesca artesanal, seguiremos coa nosa loita á espera de que tomen medidas ao respecto", aseguran dende a organización.
Os pescadores defenden
a separación do arrestre a unha doce millas da costa co fin de que as artes menores que empregan aparellos de pesca máis selectivos e coidadosos co patrimonio marítimo poidan seguir subsistindo. "Queremos que todos entendan a situación, a realidade do que está a ocorrer nas nosas costas, que é o que reivindicamos e por que. Por iso, esta vez optamos por realizar un evento diferente para que participe unha boa parte da cidadanía", informan os pescadores Virxe do Carme de Corcubión.
Percorrido
A andaina popula iniciaráse ás 10 horas na praza de Castelao de Corcubión para adentrarse no centro urbán da vila e chegar ara o camiño dos Peregrinos cara O Vilar. A ruta continuará cara o campo de san Roque continuando ata o Faro C para seguir pola praia de Quenxe e rematar na lonxa.
Desta forma, a organización pretende involucrar á cidadanía e concienciala sobre a importancia de conservar e coidar os recursos mariños.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Corcubión