“As toallitas que se tiran polo váter é un dos grandes problemas das depuradoras”

07:19 01/03/18



Rede de sumidoiros: Separación de pluviais e residuais
Tostado recoñeceu que “pese que o 90% da ría de Corcubión está conectada, aínda hai casas con conexións incorrectas, e aí os concellos debería facer inspeccións”. Apunta como outro dos problemas o mal estado da rede de sumidoiros, que pode filtrar nalgún punto. Tostado incidiu en que outro dos graves problemas é que a rede de sumidoiros non se atopa separada entre pluviais e residuais, e iso implica dúas cousas: “Estamos dando máis carga ás estacións da necesaria, e o máis problemático, que cando hai enchentas, hai que aliviar porque se chega a multiplicar por 6 ou por 7 a carga de augas residuais e a depuradora non dá”. No lado contrario, o concelleiro de obras carballés, Luís Lamas, sinalou que estas enchentas son casos puntuais, unhas 10 veces ao ano, e que hai que incidir no día a día das depuradoras. Lamas apuntou que son moitos os cartos que se van en saneamento, 17 millóns en 12 anos de goberno. “Son cartos que non dan votos pero aínda fan falta máis”, indicou. Tostado si que sinalou como un momento clave, “os primeiros momentos de chuvia, que arrastra moita contaminación orgánica e aí hai pouco que facer”. Apuntou nese punto Manuel Soto a posibilidade de instalar “xardíns de chuvia ou bioflitros”, que poderían facer un gran traballo con pouca superficie evitando as escorrentías. ”A saponificación tamén é un problema cando se mesturan os aceites coas toallitas, prodúcese unha costra nas tuberías difícil de quitar". Apuntaron a posibilidade de instalar sistemas de absorción de graxas. Rematou Tostado apuntando que simplemente “algunhas estacións non están preparadas para todos os nutrientes que teñen que tratar”, deixando claro que ás veces a planificación é errónea.”Hai 12 anos vertíase todo directamente ao mar”
Nesa mesma liña falou Pichurri, que sabe o que é pelexarse, como alcalde de Camariñas, co resto de administracións en materia de saneamento. Tenlle mesmo lanzado os papeis á cabeza a un Conselleiro irresponsable, que inauguraba unha EDAR en 2011 ás presas e “sen estudos previos, coas augas sen separar, co problema de sempre cas enchentas”. Pichurri valoraba en clave positiva que “hai 12 anos vertíamos todo directamente ao mar. Agora temos 3 depuradoras pero aínda temos un 30-40% das casas vertendo directamente”, recoñecía. ”Somos os concellos os que temos que facer a separación, os aliviaderos… Necesitamos investimentos para facer obras, e dende Augas de Galicia ademais de non darnos un duro, aínda por riba nos multan”… criticaba. Sobre a falta de planificación tamén puxo Kuka Sar, teniente alcalde de Fisterra, o exemplo de Sardiñeiro, onde “Augas si que fixo a obra da rede de saneamento pero non a fixo ben e agora tócanos ao concello andar pagando as analíticas para saber que pasa”.Outras ideas
Outras ideas saíron ao longo da xornada, como a necesidade de contar cunha cadea do báter de doble potencia, ou que esas mesmas augas que saen polo báter son sempre auga potable, e poderían ser perfectamente augas filtradas de chuvia. A xornada deu para moito, e quedaron moi boas ideas para analizar polos políticos.Novas relacionadas
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
- Manuel Soto: “Aínda hai moitos vertidos que non se tratan”.
- I Encontro do Lixo Mariño: “Antes os bichos raros eramos os que non tirábamos lixo ao mar. Agora os bichos raros son os que contaminan”.
Outras realidades
Artigos relacionados
-
-
- Xosé Manuel Barros: A contaminación do mar e a contaminación mental.
- Óscar de Souto: Os cruceiros fecais, todo é unha cadea!!.
- Xosé Manuel Barros: Ética e contaminación orgánica do mar (A modo de limiar).
- Xosé Manuel Barros: A contaminación orgánica do mar.
- Xosé Manuel Barros: Que ocorre cando tiras da cadea nun cruceiro?.
- Xosé Manuel Barros: Afloramento de algas mariñas. Canarias vs Galicia.
- Xosé Manuel Barros: A modo de brincadeira (ou non…).
- Xosé Manuel Barros: Declaración do Couto. A Limpeza do Mar.
-
-
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)