Unha multa, a sentenza defintiva pola catástrofe del Prestige


16 anos despois chegou a Sentenza do Prestige. Onte, o Tribunal Supremo dictaba a sentenza definitiva (despois das ≤a href=https://quepasanacosta.gal/mais-de-1-600-millons-de-indemnizacion-para-o-estado-polo-afundimento-do-prestige/>emitidas pola Audiencia Provincial da Coruña en 2017 e polo propio TS en 2016) sobre a responsabilidade civil derivada da catástrofe do Prestige, que fixa indemnizacións por importe superior aos 1.500 millóns de euros a repartir entre o Estado español --como principal prexudicado--, o francés, a Xunta de Galicia e outros 269 afectados pola vertedura, entre particulares, empresas, mancomunidades, concellos e sociedades.
Unha sentenza que deixa nunha multa unha das catástrofes ambientais máis importantes de España, e que deixa o Corredor de Fisterra nunha situación moi semellante á de hai 3 lustros, cos seus 40.000 barcos anuais e sen ningunha seguridade.
Asi o considera o PSdG, que lembra que Galicia "segue a ser hoxe un corredor atlántico de buques" e remarca que, de repetirse a catástrofe, "a situación seguiría exactamente igual”.
Pola súa parte, a voceira nacional do BNG Ana Pontón, asegura que esta sentenza “significa unha nova burla a todos os galegos e galegas que vimos cales eran as graves consecuencias da catástrofe”. “É frustrante ver unha xustiza máis interesada en defender aos poderes do Estado e económicos que non facer xustiza”, lamentou.
Cartos que nunca serán cobrados
A organización ecoloxista Arco Iris destaca que a sentenza do Tribunal Supremo sobre o Prestige "emenda en parte" o fallo ditado no seu momento pola Audiencia Provincial da Coruña. Con todo, pon en dúbida que "poida chegar a cumprirse”.
”Os máis de 1.500 millóns nos que o Tribunal Supremo taxa os danos ocasionados non chegarán nunca a ser cobrados polas partes demandantes, xa que a aseguradora do barco (London P&I Club) négase sistematicamente a asumir a súa responsabilidade”.
#16anosdoPrestige
https://quepasanacosta.gal/a-traxedia-do-prestige-dezaseis-anos-despois/ “Máis de 1.600 millóns de indemnización para o Estado polo afundimento do Prestige” — Que pasa na costa- Que pensan os grupos políticos quince anos despois do accidente?
- “É mellor pensar que foi unha película que se rodou aquí”
- Medallas para os máis de 5.400 voluntarios do Prestige en Camariñas.
- O “Tesouro” do Banco de Galicia Cemiterio do Prestige
- Novembro 2016: Prestige, 14 anos sen imaxinación.
- Novembro 2015: #13anosdoPrestige….
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- 18-11-14: #12anosdoPrestige.
Seguemento especial do Xuízo do Prestige
- 21-11-13: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige.
- 18-11-13: A Costa da Morte tamén á rúa e berra Nunca Máis.
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.