Sábado. 18.05.2024
El tiempo

25 desempregadas desenvolveron un obradoiro de Emprego en Mazaricos

25 desempregadas desenvolveron un obradoiro de Emprego en Mazaricos

Esta pasada fin de semana tivo lugar a clausura do obradoiro de emprego ‘Mazaricos 09’, no que entregou os títulos acreditativos aos 25 alumnos que participaron nel. No acto participaron o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, acompañado do alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos.

Foron un total de 530.190 euros os destinados pola Consellería de Traballo e Benestar á realización deste programa, co que o Executivo autonómico busca acadar a inserción real no mercado laboral da maior parte dos participantes. Atendendo aos resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas, o obxectivo pasa por que preto do 70 por cento dos traballadores, que se atopaban en situación de desemprego antes de comezar, poidan atopar un traballo.

Características do obradoiro

No obradoiro ‘Mazaricos 09’, promovido polo concello, as persoas desempregadas que participaron nel obtiveron coñecementos nas especialidades de albanelería e carpintería, que puxeron en práctica na recuperación das escolas unitarias en Suevos, Asenxo e Espigas.

“Deste xeito, o traballo destas persoas serve tamén para o conxunto da cidadanía, xa que a recuperación destas escolas ten como obxectivo a súa recuperación para usos sociais e servizos para a comunidade de veciños das parroquias e aldeas próximas”, apuntou o director xeral. Os alumnos participantes foron contratados dende o primeiro día baixo a modalidade de contrato de formación, percibindo unha retribución mensual de 950 euros durante os doce meses que durou o obradoiro, divididos en dúas fases de seis meses cada unha.

Para estas accións, o obradoiro contou tamén cunha directora, un mestre de cada unha das especialidades, unha mestra de formación empresarial, unha titora e unha auxiliar administrativa contratados baixo a modalidade de obra e servizo e que tamén se beneficiaron desta iniciativa da Xunta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios