A catastrófica destrución da Devesa de Santa Leocadia


Hai apenas un par de semanas, denunciabamos a través de AXENA que unha tala estaba a poñer en perigo a Devesa centenaria de San Leocadia, en Mazaricos. Pero as fotos que nos envía esta semana a entidade de blogueiros preocupados pola natureza en Galicia son debastadoras.
O bosque atlántico autócnono que envolvía nunha máxica paraxe a Capela e a Fervenza de Santa Leocadia quedou en mínimos.
O antes e despois


A paisaxe cambiou radicalmente e a frondosidade de hai un ano cambiou por unha desagradable desolación.
Hai dúas zonas tremendamente devoradas pola deforestación. Na ladera de propia capela que é a máis extensa e que calculamos puideres roldar 1.5 Ha, con bosque mixto. A segunda zona de tala é na ribeira do río, "onde non só foi destruído un cachito de bosque de gran valor senón que por descoido ou por fata de coidado leváronse por diante outras especies protexidas" como varios tipos de fieitos singulares. A extensión aproximada desta tala é de algo máis de 0,5 hectárea.

"Non valoramos o que temos"
O enxeñeiro forestal Jorge Pérez González valora que "ó igual que a devesa dos Anllares, está a sufrir a presión do home por intereses económicos. Estas minúsculas illas de vexetación autóctona son -literalmente - o único que nos queda da vexetación orixinal que cubría a costa Europea atlántica. A lexislación protexe estas formacións pero non se aplica ou é moi laxa cando son grandes empresas as que presionan para explotala zona (como no caso da devesa dos Anllares e as novas minicentrais proxectadas). Non valoramos o que temos e vamolo perder todo. Todos perdemos e uns poucos gañan".
"Fan falta ducias ou centos de anos para reparar danos coma estes, sempre e cando no aparezan os eucaliptos para tomarlo lugar", remata.Máis información
- Recunchos da Costa: A Devesa de Santa Leocadia.