Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Cooperativa Xallas di non á fusión

A Cooperativa Xallas di non á fusión
Cooperativa Xallas de Santa Comba

Parece que non comeza de todo ben o que quería ser chamado a formar o novo gran Grupo Lácteo Galego. Unha das catro patas coas que nacía xa caeu. Tiñan que ratificar a fusión as asembleas das catro Cooperativas que formaban inicialmente o grupo, e os socios da Cooperativa Xallas dixeron non. Melisanto, Irmandiños e Feiraco seguen adiante con esta integración na cooperativa de segundo grao pensada principalmente para abaratar custes.

O 85% dos socios da cooperativa xalleira votaron en contra da unión, considerando que poderían perder autonomía e temendo polo empeoramento da xestión. O acordo da cooperativa con Leche Celta permítelles ter bos prezos, e hai certo medo en cambiar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios