A familia da Mazarica medra polas Letras Galegas


Imos coñecendo, vagariño, os programas culturais de concellos e entidades. E imos ata Mazaricos, onde artellan unhas activivdades ben singulares. O Concello vén de facerse con dúas vacas novas para ampliar a familia da Mazarica, e o primeiro que toca é bautizalas. Así, a xenfe de Eu son Mazaricos, prepara un bautizo e un roteiro literario. A cita será o propio mércores 17 de maio, con saída da Picota.
Os encargados de poñerlle nomes a estas dúas novas fillas da MZ serán os nenos. Nomes que serán ademais o das dúas novas rutas de sendeirismo abertas nos últimos tempos. Estes días están votando os cativos entre as 4 propostas da asociación, e o mércores coñecerase o resultado, farase o bautizo e se percorrerá un pequeno tramo dunha desas rutas, nunha actividade pensada para os nenos, facendo durante a ruta xogos e actividades que xiran entorno a figura de Carlos Casares.
Cómpre inscribirse chamando ao Concello antes deste venres 12 de maio ou a través do Facebook de “Eu son Mazaricos”.
Programas das Letras Galegas
- 35 actos para o 35 aniversario do Festiletras.
- Vimianzo, Camariñas, Laxe e Carnota homenaxean a Carlos Casares no día das Letras Galegas.
- Fisterra e Cee presumen de Letras
- Cee adica o mes de maio a Baldomero Cores
- Malpica sumérxese No Tempo das Letras
- Completo programa cultural para o maio das Letras de Zas.
- Muxía celebra o mes das letras con distintas actividades.
- Os centros educativos de Coristanco preparan o certame literario Asunción Antelo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)