Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Asociacións e a Muller, na Esencia de MZ

As Asociacións e a Muller, na Esencia de MZ
Segue recurerando a xente da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos a Esencia da súa terra. Xa nos presentaron o proxecto e nos achegaron á súa cultura e os seus animais. Desta volta a entidade preséntanos os tesouros máis preciados: as súas xentes. E faino cun vídeo sobre a Muller Mazaricá, e outro sobre as Asociacións  

As Asociacións na Esencia de MZ

Facendo bo o lema de “a unión dun pobo é o que nos fai forte”. Para iso, a entidade vai percorrendo as asociacións a través dos seus responsables. Óscar Blanco, da Asociación de Gandeiros de Mazaricos; Sergio Oreiro, da Xuventude de Coiro; Vanesa Pereira, da Asociación Cabaleiros da Fervenza; Laura Prado, da Asociación de Amas de Casa; Sergio Casais, do Mazaricos CF; Manolo “Paxareiro” e José “O Ouleiro”, da Asociación de Veciños O Souto de Arcos; Jorje Jurjo, Asociación de Hostaleiros; Sandra Alvite, da Asociación Cultural de Antes; Juan A. Jurjo, da Asociación Cultural Perfecto Sande Martínez “Braña”; e como non Janet Martínez, presidenta da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos.

A Muller na Esencia de MZ

A alma de Galicia é a muller, e en clave de homenaxe á nai, avoa, amiga, irmá, compañeira, veciña, coidadora, loitadora, ama de casa, traballadora… vai este emotivo vídeo, cun poema de Manuel María nunha das falas máis fermosas do país:

A Esencia de MZ

Máis novas

Fonte

Comentarios