Calcinada unha nave da Picota nun incendio industrial
Esta noite rexistrábase un incendio industrial nunha nave dedicada a productos agrícolas da Picota, en Mazaricos, da Cooperativa CLUN.
Eran as 23:0h cando o 112 alertaba aos Bombeiros Xallas – A Barcala, mobilizando tamén ao SMPC Mazaricos, GES Muros, a Motobomba forestal, o Palista Concello e a Garda Civil.
Á chegada dos bombeiros o incendio estaba moi avanzado (ata en Fisterra se chegou a notar o incendio), afectando a cuberta e a un tercio das instalacións, con gran cantidade e diversidade de productos no interior.
Os medios colaboraron xuntos na extinción e retirada de combustible para o exterior, conseguindo deste xeito limitar os danos do incendio e dando por extinto as 04:00 horas.
TENDA CLUN PECHADA
Neste momento estanse avaliando os danos materiais e investigando as causas do lume. Por estas razón a tenda de CLUN da Picota permanecerá pechada.
Coa excepción desta tenda, os demais servizos da cooperativa manteñen a súa actividade normal en todas as outras fábricas, tendas e sedes. Deste xeito a recollida de leite, os servizos veterinarios, servizo de penso e a produción de produtos lácteos están perfectamente garantidos.
A Cooperativa agradece "todas as mostras de apoio e cariño que nos están chegando dende empresas, do ámbito cooperativo, veciños... e, especialmente, á Xunta de Galicia e ao Concello e Mazaricos pola súa colaboración dende o primeiro momento".