Cristian Pensado saca a súa besta
- Desexando xa que saia ao público La Bestia, non?
Pois a verdade é que sí, non o vou a negar. Teño moitísimas ganas de que a xente poida escoitar este tema, que xa é como un adianto de toda a música que vou a sacar en breves, e de demostrar todo o traballo e esforzo que hai detrás da canción.
- Cóntanos, como foi ese paso a música máis combativa, máis enérxica?
Sinceramente é un xénero que sempre me gustou, que me chamou a atención, pero este cambio deuse despois de moito traballo e esforzo, encontrar eu o meu propio son, e atoparme a gusto co que eu facía ó compoñer, escribir e incluso ó interpretar xa outros temas doutros artistas que crean este estilo de música.
Non sei como explicalo pero é como se encaixasen tódalas pezas dun engranaxe e todo funcionase correctamente.
- É este o son no que máis a gusto te atopas agora? Cres que volverás a un ton máis amoroso ou a túa carreira xa ten o camiño perfilado?
Si, totalmente. Estou moi cómodo e síntome moi forte para sacar adiante máis temas e seguindo este estilo, tendo cada un deles un toque diferente, pero sen saír moito da marca.
É probable que chegue a sacar algunha balada, de feito, hai algunha feita que xa presentamos a algún certame musical, pero quero darlle un par de voltas máis para que todo estea de 10. Aínda que realmente penso que ó encontrar o meu propio son todo vai ir encamiñado neste xénero musical, comezamos paseniño pero firme.
- E por que en castelán?
Desta vez, porque tiña moitos amigos, coñecidos, compañeiros de traballo e algún que outro familiar que sempre me animaron ou me aconsellaron facer algún tema propio en castelán, e a verdade é que non o vía tampouco imposible, pero non estaba moi convencido ó principio, non me visualizaba na miña mente. (jajaja)
Pero entendo e sei que me escoitan en galego, pero é como devolverlle esa entrega que poñen en min e en cada traballo que fago, cumplirlle o gusto á xente que sempre me apoia, e devólvollo co que sempre quixeron escoitar de min.
- Como foi o proceso de gravación? Máis profesional que nunca, non?
Si, correcto. Máis profesional, xa que o sinxelo que saquei anos atrás foi en acústico total, e é outro mundo. Con moitísimo traballo detrás, horas de ensaio, de chuvia de ideas, de grabación, e dun esforzo inmenso, no que se vise reflexado todo o empeño que puxemos na canción. E o proceso en sí, foi sinxelo, directo e eficaz. Cheguei ó estudio e estivera xa previamente falando co productor, Pablo Perezagua, e comenteille a idea que tiña, o cambio de rexistro e de estilo que quería facer e probar, e a verdade que me entendeu a perfección, e de ahí que saia algo do que estou moi orgulloso.
- Veste vivindo da música?
Ó mellor nun futuro, actualmente aínda non. Quero ir pouco a pouco, afianzándome neste estilo e atoparme cómodo co meu propio son.
O primordial para min, sobre todo é vela resposta da xente, que lle guste, que se sinta identificada coas miñas cancións e sobre todo que chegue a cantalas e as disfrute. Iso e o máis satisfactorio e importante. O demáis se hai sorte, ven só, aínda que tarde.
- Tes concertos programados para esta temporada?
Hai algunhas actuacións medio pechadas, pero de momento aínda non podo anunciar nada. O que podo dicir, é que pronto anunciaremos os lugares onde se me poderá ir a ver en directo, tanto en Galicia coma en Madrid.
Dende aquí quero agradecervos o apoio inmenso e visibilidade que me ofrecedes sempre, e a miña xente, que sempre está ahí, día tras día apoiándome incondicionalmente.