Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Recanteiro de Mazaricos, Christian Pensado, saca o seu primeiro sinxelo: "Perderei"

Christian Pensado
Christian Pensado, natural de Alborés, sacou o seu sinxelo "Perderei".
O Recanteiro de Mazaricos, Christian Pensado, saca o seu primeiro sinxelo: "Perderei"

Moitos xa coñecen ao mazaricán Christian Pensado por representar á Costa da Morte na séptima edición dos Recanteiros do Luar, na TVG. Agora, este mozo de 25 anos natural de Alborés (Mazaricos) e con raíces de Vilardomato (Zas) sacou o seu primeiro sinxelo titulado Perdeirei.

O tema, dispoñible en todas as plataformas (Spotify, Youtube, Deezer e iTunes) dende o 2 de decembro, é unha canción 100% en galego, tal e como xa tiña pensado o artista dende o primeiro momento no que lle xurdiu a oportunidade de gravar o sinxelo.

Perderei está adicada á súa avoa Aurora, tamén coñecida en Zas como “Lola do Carrasco”, quen desgraciadamente faleceu un 2 de decembro do 2016, mentres Pensado estaba concursando en Recantos, de aí que elixira esta data para o lanzamento to seu primeiro tema. Segundo comenta, este é “un método de expresar todo o que eu sentía naquel momento, porque foi todo moi rápido”, explica o mazaricán.

A súa avoa era unha gran seguidora da música galega, coma el, e encantábanlle os artistas galegos. Pensado recorda que lle encantaba “verme enriba dos escenarios, sobre todo no Luar, que cada venres agardaba a chegada do comezo do programa tan só para verme a través da pantalla, para dicir aí está o meu Christiansiño”, afirma o mazaricán.

Esta ao final é unha homenaxe a ela, “polo seu traballo e dedicación, o seu cariño e sobre todo polo agarimo e todo o que nos brindou á familia e os netos, que nos reunía ós primos Recarey cada fin de semana se era posible, sobre todo nas festas do Carme en Zas”, comenta o artista. Ademais, destaca o xesto que tivo a súa avoa á hora de apoialo en na época de Recantos, xa que ela non quería saír en ningún dos vídeos de presentación das fases, “e a base de insistirlle”, terminou por conseguir que participase e cumprirlle un dos seus gustos.

Comentarios