Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Egueire proponse construir unha piscifactoría en Costa de Marfil

Egueire proponse construir unha piscifactoría en Costa de Marfil
Egueire doa microcreditos en Costa de Marfil

En vísperas de celebrar a IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos deste sábado 1 de xullo, a ONG Egueire quere de facer público un novo proxecto. Dende fai uns cantos anos levan colaborando con tres cooperativas de mulleres Grand Lahou (Costa de Marfil) chamadas Viwo, Brafedom e Benewende. A labor da ONG é dotar de microcréditos a estas emprendedoras para que poda desempeñar os traballos os que dedican como a venda de peixe ou hortalizas.

No caso do sector que se adican a mercar peixe teñen unha serie problemas, dado que non todos os días poden mercar peixe para afumalo e logo distribuilo (as mulleres encárganse desta tarefa de preparación e conservación do peixe, dado que na maioria dos pobos carecen de neveras). Polo que dende Egueire proponse a construción dunha piscifactoría para que así podan dispoñer todos os días do ano de peixe fresco.

”Dende Egueire, estamos entusiasmados con este novo obxetivo e agradecemos a tódas as persoas que aportan o seu gran de área en todas as nosas iniciativas como a Festa Africana que estamos a preparar para este sábado, sen todos vós non poderíamos levar a cabo todos os nosos proxectos”, explícanos Iván Pérez, un dos membros da entidade.

Agora, toca coñecer e disfrutar un pouco máis do que nos traen de África na Festa Mazaricá colaborando ademais con este proxecto así como coa maternidade, ou co proceso de formación agraria de dous mozos marfileños na bisbarra.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios