luns. 30.06.2025
El tiempo

Falece unha rapaza de Mazaricos celebrando o título do Barca na noite xalleira

Falece unha rapaza de Mazaricos celebrando o título do Barca na noite xalleira

A pasada madrugada a celebración do título do Barca cobrouuse unha vida na Costa da Morte. Unha moza, de 17 anos, e veciña da Picota (Mazaricos), falecía tras caerse por uns sumidoiros que non estaban ben pechados.

O suceso ocorría ás 2:30h, hora punta na capital da festa da Costa da Morte. Un grupo de mozos sacaban varios botes de champú para celebrar o título nunha das fontes da vila xalleira. A cantidade de escuma creada non deixou á vita uns sumidoiros que non estaban tapados. Así, a rapaza falecida e outro mozo caeron, puidéndose salvar o rapaz, que quedou colgado dun brazo, se ben a moza caeu a unha profundidade de 3 metros.

Ao lugar acodiron a Guardia Civil, Urxencias Médicas, Grumir e Bomberos de Santa Comba.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios