Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Galicia vive a estrea do seu novo filme "O Corpo Aberto"

  • O mazaricán Fede Pérez Rey é un dos protagonistas desta trama
Fede Perez en O Corpo Aberto
Fede Pérez, co Tamar Novas ao fondo, nun clip de "O Corpo Aberto"
Galicia vive a estrea do seu novo filme "O Corpo Aberto"

Estréase hoxe en boa parte dos cines do país (non así nos Cines Xunqueira nin nos Cines Bergantiños) o novo filme de produción galego-portuguesa “O Corpo Aberto”. Dirixida por Ángeles Huerta, con música de Mercedes Peón e protagonizada por un Tamar Novas de Goya, o elenco ten tamén algo de acento costeiro. O mazaricán Fede Pérez Rey forma parte desta trama de terror rural.

A historia nace dun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, e nos devolve á Galicia de 1909 cando un profesor noviño é destinado a unha aldea da montaña na fronteira entre España e Portugal.

Pon Fede precisamente ese toque de medo na persoa dun marido seco dunha aldea que vive a relación coas almas dun xeito moi tradicional. "O meu personaxe é o fillo dunha aparecida, que é a xefa da pousada na que durme o mestre realizado por Tamar", cóntanos o propio Fede, dando conta dese "choque entre o home racional e o telúrico, máxico, con esa cultura da morte e das ánimas tan viva en Galicia".

Comentarios