Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Gandeiros do Xallas cambian "ghaspeadas leiteiras" por "rubias galegas" de carne

Gandeiros do Xallas cambian "ghaspeadas leiteiras" por "rubias galegas" de carne
Gandeiros do Xallas cambian vacas de leite polas de carne Gandeiros do Xallas cambian vacas de leite polas de carne

Curiosa a circunstancia que está dando nalgunhas explotacións gandeiras de Galicia. Tras falar con varias explotacións da zona do Xallas, descubrimos que hai unhas poucas que, ante os problemas cos prezos e a falta de axudas, decidiron cambiar a súa produción de leite pola de carne. Unha situación anómala, cando na zona do Xallas, aproximadamente o 80% de granxas son de leite.

"Se non apoian todo, non vale de nada", reza un gandeiro que xa vendeu todas as súas vacas "ghaspeadas", de leite, e no mesmo camión, trouxo de volta outras tantas de país, produtoras de carne. "Aforramos gastos e sacamos máis polos cuchos, porque os engordamos màis e os vendemos a kilo", recorda o gandeiro, que sinala que hai varias granxas pola zona, mesmo unha con 400 vacas, que fixo o mesmo.

Ata este punto chegaron algúns gandeiros despois de tantos meses de loita por un prezo xusto que cubra os custes de produción. Pero a mentalidade galega segue moi presente: "Aínda van facer tamén a cota da carne…", di ca boca pequena este gandeiro.

Casos puntuais

Falamos con Óscar Lema, presidente da Asociación de Gandeiros de Mazaricos, que nos conta que “en Mazaricos non se deu esta circunstancia, se cadra nalgún caso puntual pero sempre en pequenas explotacións”.
En todo caso, entende que "tal e como está o leite non se pode descartar, porque non se dan pagado facturas. E coas de vacún gastas menos en pensos, en silos de millo… tes menos ingresos pero tamén son máis directos, tes moitos menos gastos", apunta, pero tamén recorda que "os produtores de carne tamén están protestando porque están baixando os prezos".

Segue a loita

Aproveitamos para falar sobre como vai a loita dos Gandeiros. Lema indica que "a Plataforma en Defensa do Leite Galego vai empezar en contra de Lactalis, que non quere pactar a subida do leite. Algunha empresa si que o fai, pero lamentablemente segue todo igual. O Convenio asinado no Ministerio non vale para nada mentres non haia unha norma de penalización aos que incumpren".

Lema lamenta que a industria leiteira xa non depende nin sequera do goberno estatal. "Estamos en mans de franceses e portuguesas. Son multinacionais, é o que hai".

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios