Venres. 29.03.2024
El tiempo

Investidos máis de 127.000€ na limpeza de varios camiños de Mazaricos

Investidos máis de 127.000€ na limpeza de varios camiños de Mazaricos
limpeza caminos mazaricos O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitou onte Mazaricos O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Ribeiro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinaron onte as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En total, investíronse 127.409,53 euros no proxecto de roza mecánica de camiños rurais, pistas e estradas, limpeza de maleza en núcleos rurais, rutas paisaxísticas e áreas recreativas. En concreto, as actuacións leváronse a cabo nos lugares de Casrto-Pride e de Sanfoga-Ponte Olveira. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. No caso de Mazaricos, o municipio alberga 123,5 aeroxeneradores e máis de 34 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. Fonte  

Comentarios