Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ismael Ramos: “Espero que o lector de Fillos da Fame dea con algún lugar que se lle faga coñecido”

Ismael Ramos: “Espero que o lector de Fillos da Fame dea con algún lugar que se lle faga coñecido”
Fillos da Fame editado por Xerais de Ismael Ramos-Foto e deseno-Alba Cid O libro Fillos da Fame, editado por Xerais, de Ismael Ramos- Foto-Alba Cid

Hai case un ano anunciabamos o que o Premio de Poesía Johán Carballeira recaera nun mozo de Mazaricos. Onte chegaba ás librarías o libro editado gracias ao galardón, “Fillos da Fame”, editado por Xerais, e recoñece que se sentía “nervioso e feliz”. Disque deixou “ciscadas dentro do libro moitas cousas que crin perdidas”, así que agora tócanos aos lectores coidar delas e contarllas de volta.

  • QPC: Que tal este día no que ves que o libro xa está na rúa, moi especial?

O certo é que sobre este día da saída do libro teño pensado bastante, pero supoño que non poderei falar del con propiedade ata que pase o tempo e tome distancia. En principio direi unicamente que supoño que é un día que se agarda con moita ilusión pero no que finalmente non pasa nada. Cando menos nada relacionando co libro en si mesmo. Como moito que me cheguen fotos ao móbil do libro nalgún escaparate e, por suposto, a fervenza de parabéns no facebook.

 
  • QPC: Podémolo atopar en todas as librarías?

Efectivamente o libro pódese atopar en todas partes, e mesmo pódese mercar nas librarías e na rede, por exemplo, a través da web de Xerais.

 
  • QPC: Que se vai atopar a xente ao ler este libro?

Non teño moi claro que é o que vai atopar a xente. Supoño que cando menos un sempre agarda que o lector, sexa quen sexa, dea con algún lugar que se lle faga coñecido. Un recordo, unha sensación, un motivo... Ou que precisamente dea con el no libro por vez primeira.

 
  • QPC: En quen pensas? a quen lle tes que agradecer?

Hoxe supoño que penso e agradezo sobre todo á xente que no meu día a día me deixa escribir, ou grazas á cal escribo, ou simplemente á que me considera por enriba de todo escritor, que non por casualidade son persoas ás que quero moito.

 

Sinopse de “Os Fillos da Fame”

En Xerais, Carlos Maquieira, conta isto sobre o Premio Johán Carballeira de Poesía, 2015:

Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios