Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”

Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”
Juan Jose Blanco e o novo alcalde de Mazaricos polo BNG

Poucos esperaban, fóra de Mazaricos, o vuelco electoral que deixaron as últimas eleccións municipais. O BNG pasou de 3 a 7 concelleiros, conseguindo así unha histórica maioría absoluta. E para ver como vai ese primeiro mes de mandato, falamos co novo alcalde Juan Jose Blanco.


  • QPC: Esperaba este resultado electoral tan rotundo?

Non, non tanto. Esperabamos uns bos resultados, pero non tanta volta. Foron uns resultados mellores do que pensabamos, a verdade.


  • QPC: Cales cres que foron as razóns deste cambio grande por parte da veciñanza, que lle outorgou unha subida do 60% e castigou cunha baixada de case 600 votos?

Creo que foi un cúmulo de circunstancias. Por un lado a xestión do cambio do cabeza de lista por parte do PP creo que lles afectou. E polo outro, a xente ve que nós estamos aquí sempre, vivimos aquí, e por iso quixo depositar a súa confianza en nós.


  • QPC: Agora a nivel persoal. Como vai ese primeiro mes de mandato a nivel persoal?

Pois mal… (rí) É que hai moita xente que está vindo a resolver problemas que teñen pendentes dende hai moitos anos, e que o anterior goberno non puido ou non quixo solventar.

Isto implica moitas horas de dedicación, un cambio total de vida. Toca ademais combinar a alcaldía coa empresa (é un dos responsables da empresa de deportes de natureza da Fervenza, Naturmaz) e quedan agora áreas algo coxas. Pero hai que estar aquí!


  • QPC: O primeiro que fai ao coller o bastón de mando é unha baixada de soldo. Por que?

Prometino en campaña e con ese aforro imos abrir unha nova liña de axudas para a promoción de emprego, para combatir o noso gran problema, que a xente marcha. Empregaremos ese aforro nunhas axudas a autonómos e xa temos a medias unha especie de Obradoiro de Emprego.


  • QPC: Primeiras semanas e xa vos atopades cun problema na fronte, o dos gandeiros. Que pode e que vai facer o Concello de Mazaricos e os concellos da volta como Santa Comba, Zas e Vimianzo, para axudar aos gandeiros da zona?

Para nós o sector é clave, e temos que prestarlle todo o noso apoio. Nós dependemos da gandeiría, e se a cousa segue así, estamos en perigo de extinción. Hai 9.000 explotacións en Galicia (producimos leite para 12 millóns de persoas), e como sigamos así nuns anos quedarán só a metade.

En Mazaricos, temos 360 explotacións gandeiras, a unhas 2-3 persoas por cada unha, imaxina a importancia do sector. Aquí, o 90% das familias de Mazaricos dependen do sector, pois non só as propias explotacións, senón que falamos das tendas de maquinaria, os talleres, as ferreterías, e ata sos bares, dependen dos gandeiros.
Non nos imos enganar, non hai moitos visos de que mellore a cousa a nivel europeo, pero fai falta unión para protestar máis alto. Ademais, hai o problema do relevo xeracional, pero xa se empeza a ver como a mocidade, despois de pasar uns anos fóra, volve a casa a coidar das vacas. Pero tal e como está o sector, como vas pedirlle aos fillos que volten a casa?

Hai máis problemas, porque necesitamos máis industria de transformación, e a pouca que hai é de envasado de leite, non de produtos con valor engadido como queixos, iogures… Fan falta axudas, pero xa ves que os GDR necesitan máis cartos porque xa van acabar.

Nós estamos fomentando a creación dunha Asociación de Gandeiros de Mazaricos, que teña entidade propia, e nós poderemos dar apoio xurídico, administrativo e técnico, ademais de ser interlocutores cas administracións superiores. Que outros concellos fagan a súa asociación, aglutinando a tods os gandeiros e poderemos unir forzas. Nós podemos ser un punto de unión, pero a decisión a teñen que tomar os propios gandeiros, que teñen que crear un ente que non teña vinculacións políticas.


Pois ademais das obras do POS xa decididas, hai un convenio ca gardería municipal pendente de asinar, polo que temos que financiala polos anos 2012, 2013, 2014 e 2015, case 1.500€ por alumno e ano… Perdéronse tamén 90.000€ en días obras do POS non presentar os plans complementarios de obras… E un 0 en mantemento de todas as instalacións municipais, como piscina, o edificio do Concello…


  • QPC: Cales son os seguintes pasos a dar?

Pois temos que facer unha importante redución de gastos superfluos. E tamén solucionar a desorganización do Concello. Hai que saber delegar, pois antes estaba da man do alcalde e non se podía facer unha estimación de gasto de ningún tipom non sabemos nin canto custou unha festa concreta, porque aparecen facturas por todas partes non recollidas como gastos da mesma.
Hai que facer o concello máis transparente, porque esta situación é mala para nós, para os traballadores municipais e para os veciños.


  • QPC: Como espera que sexa a relación coa oposición? Tan afiada como na campaña electoral?

Espero que sexa mellor… Non o sei, teraslle preguntar a eles. El (Nico Martínez, voceiro do PP) dixo que ía ser máis construtivo, que ía aportar, e nós estaremos encantados en aceptar propostas de quen veñan.


  • QPC: Que vai intentar o Concello en materia de transparenci?

Cambiamos as horas dos plenos, por exemplo, para facelos máis públicos. Este pasado venres xa fixemos un longo pleno na Casa da Cultura explicando a situación das contas. Ademais, faremos un consello económico-social para que os veciños poidan achegar as súas propostas para tratalas nos plenos.


  • QPC: Que necesita Mazaricos a medio-longo prazo? Potenciar o sector gandeiro e o deporte de lecer?

En xeral, que non marche a xente. Temos que mellorar servizos, dende cousas cotiás como a xestión de residuos e puntos negros, asuntos escolares, camiños… aforros en luz (gastamos 200.000€ anuais en luz), mellorar o servizos da auga. E desbloquear o polígono. Adamos agora a voltas co PXOM, queremos adialo pois xa leva 7 anos enquistado.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios