Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos acolle un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

souto-hifasdaterra-pq
Mazaricos acolle un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Este venres 6 de agosto, , en horario de 16:30 a 20:30 horas, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza no local social de Lugarnovo, en Mazaricos, un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos dirixido ao sector da castaña.

O obxectivo principal desta acción formativa sería informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro

O programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, os circuítos de venda, a industrialización ou os mercados, así como os modelos de xestión, as variedades priorizadas, as pragas ou os programas de loita.

Os interesados en anotarse ao curso poderán poñerse en contacto co departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal, a través do teléfono 881 99 72 79 ou do enderezo electrónico [email protected].

Comentarios