Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Mazaricos acollerá a estrea da Mostra Itinerante de Teatro terapéutico 5x5

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na rolda de prensa de presentación do proxecto de dinamización teatral 5x5, integrado no programa Territorio Cultura.
Imaxe da olda de prensa de presentación do proxecto de dinamización teatral 5x5, integrado no programa Territorio Cultura.
Mazaricos acollerá a estrea da Mostra Itinerante de Teatro terapéutico 5x5

Empregar “teatro como terapia e como ferramenta para as doenzas sociais, como o sedentarismo, o aburrimento, o individualismo, a dependencia da tecnoloxía ou a saúde mental derivada da falta de autoestima”. Ese é o sentido do proxecto 5x5 que formula o novo estudo de produción artística Fósforo Arte & Cultura no marco do programa Territorio Cultura da Xunta.

Trátase dunha Mostra Interante de teatro que percorrerá 5 concellos do Camiño de Santiago, con aulas interxeracionais con afán de convertirse en elemento transformador a nivel individual e social.

Os espectáculos teatrais creados por cada un dos grupos serán os que conformen a Mostra, que dará comezo o 24 de febreiro en Mazaricos, para despois achegarse a Allariz, Lalín, Silleda e Vedra.

A Aula de Teatro de Mazaricos, dirixida pola dramaturga Arantza Villar, presentará o espectáculo “Serán”. “Artellei a dramaturxia a partir das historias propias que contaron as participantes, polo que vai ser máis teatro documental. A escusa é un serán, un encontro para bailar, tocar e comer”, sinala Arantza Villar.

Como actividade paralela, os participantesde cada aula crearán un mapa emocional dos seus concellos, que estará dispoñible nunha páxina web propia unha vez rematadas as xiras dos espectáculos.

Comentarios