Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos aproba o POS+ para mellora do campo de tiro e do Camiño ao seu paso por Lago

Mazaricos aproba o POS+ para mellora do campo de tiro e do Camiño ao seu paso por Lago
Lugar de Lago-Mazaricos polo Camino-Foto-JC O POS inclúe a mellora do Lugar de Lago, por onde pasa o Camiño-Foto-JC

Mazaricos vén de aprobar, coa abstención da Deputación, os 700.000€ do Plan PSO+ da Deputación. Un Plan que empregará a meirande cantidade en gasto corrente, pero que terá varias obras importantes.

O proxecto estrella será a actuación integral de rexeneración de infaestruturas urbanas e pavimentación do núcleo rural de Lago, por onde pasa o Camiño de Santiago.

Ademais, hai unha partida (56.000€) para a mellora o campo de tiro ao prato do Pino do Val.

Como non haberá mellores nas vías municipais das parroquias de Albores, Antes, Chacín, Maroñas, Mazaricos e Vaos, por valor de 114.000€.

Como proxecto complementarios, se hai máis orzamento dentro do plan, é dicir, á espera de financiamento, quedan a mellora de infraestruturas viarias nas parroquias de Colúns, Chacín, Eirón, Maroñas e Vaos; e os parques de A Gueima e Ponteolveira.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios