Malpica e Mazaricos botan o peche a ‘Escora 2026’ con dúas grandes xornada de danza e creación comunitaria
Remata o programa Escora Danza Costa da Morte 2026. O ciclo cultural promovido pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e desenvolto por Marcia Vázquez, conseguiu que a danza contemporánea xa enraizase na comarca, gracias á súa capacidade de mergullarse no tecido tradicional, cultural, e asociativo da comarca. Esa maridaxe, entre o tradicional e o contemporáneo, entre os artistas profesionais e a creación comunitaria, convirte a proposta nunha verdade experiencia para cada lugar.
"Escora no é só un escaparate de danza, é un proceso de escoita que mapea o territorio e devolve a arte en forma de patrimonio común", suliñan Marcia.
Este ano xa gozaron desta proposta en Vimianzo e Corcubión a pasada fin de semana, cunha produtiva residencia no IES Terra de Soneira, unha fermosa actuación no Castelo de Vimianzo, e unha compartida xornada de baile no Campo do Rollo corcubionés.
Esta fin de semana de mediados de xuño toca a segunda quenda, con dúas actividades comunais.
O sábado en Malpica
Este sábado 13, a partir das 19:00h o porto malpicán porá en escea o traballo realizado ao longo da semana por Rut Balvís coa familia das AC Raigañas de Cerqueda.
A xornada completarase cun espectáculo de altura.
O domingo, en Mazaricos
O peche ao programa deste 2026 terá lugar este domingo 14 de xuño no Recinto Feiral da Picota. A partir das 18:30 horas chega unha programación aberta e de balde coa que se despedirá a quinta edición dun certame cuxas seña de identidade son a descentralización cultural, a diversidade de corpos e a implicación directa da comunidade, nunha xornada con marcado carácter local e interxeracional.
O momento máis agardado da tarde será a estrea de 'TRAKTOR', unha proposta de creación comunitaria xurdida do traballo de mediación social levado a cabo no propio municipio.
Esta peza escénica, dirixida e coreografiada pola creadora Anuska Fernandez e baseada nunha idea orixinal, en colaboración con Yas Deluaces (quen tamén porá a voz en directo), xunta sobre as táboas ao alumnado de danza de Mazaricos co colectivo de pandereteiras da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos e de Arcos. O resultado é un diálogo artístico que conecta os ritmos tradicionais, o movemento contemporáneo, o arraigo á terra e a identidade veciñal.
Máis novas de Escora