Domingo. 16.06.2024
El tiempo

Escora: A tradición renóvase en Camelle e Baio da man da danza contemporánea

Proxecto escora en Baio con Adro-Foto-Carlota Mosquera
Posta en escena do Proxecto de Escora con Adro en Baio-Foto-Carlota Mosquera
Escora: A tradición renóvase en Camelle e Baio da man da danza contemporánea

Esta fin de semana vai tocar en Corcubión, pero o vivido a pasada fin de semana en Baio e Camelle co proxecto Escora Danza merece unha atención especial. A maridaxe entre danza contemporánea e tradición fíxose patente en dúas vilas singulares como Baio e Camelle. 

A cousa é aínda máis trascendente como lle recoñecía unha señora maior en Baio a Marcia Vázquez, a coordinadora do proxecto: "Vexo que a tradición se renova". "A xente recíbeo moi ben", apunta satisfeita Marcia, valorando que houbo o doble de público este ano que o ano pasado. "Ver que o público se vai afacendo ao danza é moi boa noticia".

Unha das claves do éxito que está a ter o proxecto (que aínda ten traca final esta vindeira finde en Corcubión e Carnota), foi a implicación do tecido asociativo. "O proceso de Fran Sieira con Adro de Baio foi moi potente, metendo 50 persoas en escea, é moi potente. Tamén nalgúns obradoiros que fixemos coas señoras maiores ou nos coles, e que nos din que deberían telo todas as semanas". Salienta tamén o espectáculo creado coa súa mestra de Anuska Fernández, a única mestra de danza de toda a Costa da Morte, e da que tamén tocará falar.

En Camelle

Proxecto escora en camelle  Carlota Mosquera
Ruar en Camelle. Foto: Carlota Mosquera

Na vila camariñá, celebraron este sábado a posta en escena do traballo realizado durante as dúas semanas residencia artística na Casa no Alto da man de Asociación Mar de Fábula. A veciñanza acodiu a ver o espectáculo Ruar o colectiv @vacaburra_. Unha experiencia para os sentidos.

Julia Laport escora baio camelle  Carlota Mosquera
Julia Laport en acción. Foto: Carlota Mosquera

Xentes da vila de todas as idades gozaron da estrea absoluta de "Extender como si pudiera" de @julialaport que “púxonos en cuestión os límites da nosa pel”. E foron as Pandereteiras da casa, as de @mardevalado, as que que cantaron as nubes para despexar o resto da tarde.

Pandereteiras Mardevalado en Escora-Foto-Carlota Mosquera
Pandereteiras Mardevalado en Escora-Foto-Carlota Mosquera

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by ESCORA (@escora_danza)

Unha marea de arte por Baio

Obradoiro danza Escora IES Baio-Foto-Carlota Mosquera
Obradoiro de Escora no IES Baio-Foto-Carlota Mosquera

Foron varias as acción desenvoltas en Baio. Por un lado, o alumnado do IES Maximino Romero de Lema, un deses centros que se apunta a todo, aprendeu a mover o seu corpo dun obradoiro por Bal Castro e Inés Santos. Despois, Mevadeus pecharon a xornada da semana creativa co seu espectáculo "Transparentar”.

Máis intensa aínda foi a xornada do pasado venres no pavillón municipal. O proxecto levaba varias xornadas de ensaio, unindo o tecido asociativo, nomeadamente a xente de Adro, co mundo da danza.

Todo este traballo, ese proceso de creación tradúxose en "LEA", un espectáculo dirixido por Fran Sieira e co material musical, coreográfico e o elenco de Asociación Cultural baiesa. Unhas 50 persoas, disfrazadas de militares, participaron nesta obra que trata de reflexionar sobre a necesidade de reformular unha sociedade máis amable.

Escora baio Adro  Carlota Mosquera 2
Foto Carlota Mosquera

Vindeira parada

Mañá repasaremos a última parada do proxecto, que se dará en Corcubión e en Carnota.

Máis novas de Escora

Comentarios