Escora, o punto de encontro entre a danza, a paisaxe e o patrimonio na Costa da Morte

09:26 09/04/22
”Escora” é o nome do proxecto artístico da Deputación para visibilizar o traballo das compañías de danza galegas. Unha disciplina que se vai afianzando na comarca, con accións como o Festival Primavera enDanza de Carballo, que chega este mes de abril á súa 20ª edición, ou experiencias como as vividas o ano pasado no Ézaro co gallo do programa autonómico Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio.
Desta volta, o programa “Escora”, creado arredor do Día da Danza, chegará á Costa da Morte a fin de semana do 22, 23 e 24 de abril e conta coas actuacións de 6 compañías de danza do territorio galego en 6 concellos da Costa da Morte: Fisterra, Muxía, Laxe, Camariñas, Malpica de Bergantiños e A Laracha (Caión).
Clara Ferrao, Colectivo Glovo, Elahood, Eva Comesaña, Kirenida Danza e Marcia Vázquez serán as protagonistas que fusionen arte e paisaxe e patrimonio, en espazos pouco convencionais, rematando, despois de cada actuación, con encontros entre artistas e público, mediados por Marcia Vázquez e Sabela Ramos.
Programa
Venres 22 de abril
- 11.30h | Concello de Fisterra. Explanada do Porto de Fisterra (en caso de choiva: Salón de Actos):
- Eva Comesaña | Terra Firme
. Elahood | Intempestiva.
- Encontro co público mediado por Sabela Ramos. - 19h | Concello de Muxía. Explanada do Paseo Marítimo (en caso de choiva: Sala Camposa):
- Eva Comesaña | Terra Firme;
- Marcia Vázquez | Onde pousa a humidade;
- Encontro co público mediado por Sabela Ramos.
Sábado 23 de abril
- 12h | Concello de Laxe. Praza dos Voluntarios (en caso de choiva – Pavillón Polideportivo Municipal):
- Elahood | Intempestiva.
- Kirenia Danza | E_migrantas
- Encontro co público mediado por Marcia Vázquez. - 19h | Concello de Camariñas. Praza da Insuela (en caso de choiva: Casa de Pedra).
- Marcia Vázquez | Onde pousa a humidade;
- Kirenia Danza | E_migrantas;
- Encontro co público mediado por Sabela Ramos.
Domingo 24 de abril
- 12h | Caión (A Laracha). Praza Eduardo Vila Fano (en caso de choiva: Centro sociocomunitario de Caión):
- Clara Ferrao | Miña Xoia;
- Colectivo Glovo | Alleo;
Encontro co público mediado por Marcia Vázquez. - 18.30h | Malpica de Bergantiños. Paseo da Praia (en caso de choiva: Centro Cultural de Malpica):
- Clara Ferrao | Miña Xoia;
- Colectivo Glovo | Alleo;
- Encontro co público mediado por Marcia Vázquez.