Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos inaugura o primeiro campo de tiro público de Galicia

INSTALACIONS CAMPO DE TIRO MAZARICOS2
Mazaricos inaugura o primeiro campo de tiro público de Galicia

Este pasado sábado, o Concello de Mazaricos estreaba, cun campionato, o primeiro campo de tiro públicao de Galicia. O espazo, situado en Pino de Val, congregou na súa primeira fin de semana de actividade ducias de curiosos, afeccionados e profesionais do tiro. Un xeito de utilizar o deporte como método de atracción de visitantes.

O sábado houbo sesión de adestramentos e a mañá dominical congredouse a primeira xornada. A pesar do mal tempo, houbo boa participación e mesmo se repartir ata 15 premios.

PREMIOS  de tiro mazaricos
Entrega premios

Houbo boa acollida, e mesmo se achegaron numerosos tiradores profesionais pola coincidencia da celebración do XXVII Campionato de Europa de Compak Sporting no campo Río Sar de Trazo. Todos valoraron moi positivamente este novo recurso deportivo que en adiante funcionará en Mazaricos.

As instalacións funcionarán todas as fins de semana do verán abertas ao público cun sistema de reserva horaria previa. Para participar, deberá adquirirse unha tarxeta de tirada nun dos locais colaboradores (Bar Casais, Bar Pedra do Ouro, Bar Rial, Campamento Corzón, Casa Chelo, Hotel O Curruncho dos López, Restaurante Virxe da O, Pizzería Pinocchio e MazDeporte). As persoas sociais do Club de Tiro adquirirán unha tarxeta verde, e as personas non socias unha tarxeta azul. Posteriormente, deberá facer a súa reserva na web www.mazaricos.gal/deporte, seleccionando a data e hora de reserva. Accederá ao campo utilizando a súa tarxeta.

INSTALACIONS CAMPO DE TIRO MAZARICOS

Comentarios