![image]()
Que os mozos e mozas de entre 12 e 14 anos coñezan o paraíso mazaricán é un dos principais obxectivos que persegue a
asociación Eu Son MZ a través de dúas xornadas de convivencia que se desenvolverán entre os días 26 e 27 de agosto.
Actividades multiaventura, ruta das cascadas, unha noite de acampada e mesmo un concurso de fotografía serán algunhas das actividades que realizarán os participantes.
A asistencia é de balde e os interesados en participar deben anotarse no 646 296 382 antes do vindeiro mércores, 24 de agosto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Eu Son Mazaricos