Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos liga a súa estratexia ao "turismo de natureza, verde e sostible"

fitur Mazaricos 1
Mazaricos liga a súa estratexia ao "turismo de natureza, verde e sostible"

Unha delegación do Concello de Mazaricos encabezada polo alcalde, Juan Blanco, e os concelleiros de Turismo, Jorge Sanmartín, e Cultura, Sandra Alvite, visitaron a Feira Internacional de Turismo de Madrid 2022 (FITUR) entre o mércores 19 e o xoves 20 de xaneiro.

Os representantes de Mazaricos aproveitaron a viaxe para establecer contactos con axentes turísticos de cara á difusión do destino Mazaricos en internet durante o ano 2022. Na estratexia atópase establecer acordos con diversos blogers e entidades turísticas para viralizar o poder da natureza MZ na rede.

O Concello de Mazaricos apostará durante este ano por seguir promocionando un turismo verde, ambientalmente sostible e responsable e que poña en valor o patrimonio natual do municipio.
“Este vai ser un ano histórico para o turismo local”, salienta o rexedor, quen considera que “as iniciativas turísticas van medrar durante 2022 e van chegar novos investimentos, froito de moito traballo previo para pór en valor e promocionar a nosa natureza durante varios anos”.

Comentarios