Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte bombardea FITUR

Costa da Morte na Fitur2022
Presentación no stand de Tourespaña das iniciativas de Camariñas, Vimianzo e Cee
A Costa da Morte bombardea FITUR

Arrincou a Mostra de Turismo máis importante do estado, volvendo ás súas tradicionais datas de comezos de ano. E aí volven estar numerosas delegacións da Costa da Morte, para levar o seu nome a axencias e touroperadores de todo o planeta.

As dúas delegacións máis destacadas foron as de Vimianzo e Camariñas.

A Mostra do Encaixe nos cines Callao
A Mostra do Encaixe promociónase no centro de Madrid

De feito, ás xentes que pasean estes días polo centro da capital, poden ver as vistas do areal do Trece desde a duna de Monte Branco, coa voluntaria Ainhoa Toba, anunciando nas pantallas dixitais da Gran Vía e dos Cines Callao, a XXXI Mostra do Encaixe-Deputación da Coruña, que se celebrará esta Semana Santa.

É a Mostra o gran reclamo que leva o Concello de Camariñas á Fitur, pero son moitas máis as que amosa neste fermoso vídeo que presentou onte no stand de Tourespaña, da man da alcaldesa Sandra Insua, co lema ‘E ti, encaixas no paraíso?’:

Vimianzo, a pé de ti

Vimianzo en Fitur
Expedición vimiancesa co Botafumeiro

A outra acciónn turística máis destacable foi a campaña “Vimianzo a pé de ti”, tamén presentada no stand de Tourespaña. Unha campaña para poñer en valor as rutas de sendeirismo e recunchos de todas as súas parroquias para ser coñecidos camiñando. Un traballo de longo percorrido, como sinalou a alcaldesa Mónica Rodríguez, tras moitos anos de “investigación, de preservación e de posta de moitos lugares senlleiros do noso municipio”.

Rodíguez colocou Vimianzo como “porta de entrada á Costa da Morte”, destacando a presencia das súas igrexas, do Vieiro Fidalgo, do Encoro da Fervenza, dos dolmens, da Ruta dos Petróglifos, do coído de Sabadelle, da ruta dos Muíños... e o seu Castelo. De feito, a alcesa tivo tivo oco a conmemoración da XXV Edición do Asalto o Castelo de Vimianzo. Rodríguez lembraba que “xa hai dous anos que presentamos neste mesmo escenario a vixésimo quinta edición dun Asalto moi especial e da que nos privou a COVID-19, pero que agardamos poder conmemorar este 2022”, sinalaba, estendendo o convite “a toda a xente que desexe vivir a revolta irmandiña con nós e a manter vivo o espírito do lume”.

Este foi o spot presentado:

A Parroquia de Cee

Co gallo do ano Xubilar, Cee levou este orixinal vídeo realizado por Sensor Media, con Toño Casais, no que se repasa a historia da histórica vila da Xunqueira. Un xeito diferentes de dar a benvida ás axencias, que foi presentado polo cura Desiree.

Deputación

O vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, presidiu, xunto con José Manuel Pequeño, o acto da Deputación da Coruña de promocionar da gastronomía coruñesa como un produto turístico de alto nivel. Nun showcooking presentado polo actor e humorista herculino Manuel Burque, o cociñeiro coruñés Iván Domínguez do Restaurante NaDo demostrou que é posible “convertir a cociña unha experiencia turística de alto nivel”.

Coruña Cociña VI

A CMAT, hoxe venres

Hoxe venres, tócalle á CMAT, en colaboración coa Asociación Solpor, poñer o punto de vertebración, poñer en valor o Xeodestino “Costa da Morte” máis alá dos seus topónimos oficiais. A partir das 15:00h, no stand de Turismo de Galicia, a entidade presentará a súa estratexia para 2022 e aproveitará para promocionar o Ano Santo Xacobeo 2021-2022 vinculándoo ao Ano Xubilar de Cee.
A entidade presentará o seu vídeo “Costa da Morte, Naturalmente Salvaje”.

Santa Comba

Non falta Santa Comba, que leva a súa natureza, as súas fragas e os seus ríos, a súa pesca e o seu Camiño, gracias aos stands da Deputación e o Xunta.

A idea é promocionar as súas 4 rutas de sendeirismo: a da fervenza de Castriz, a senda de Xesteira-Guisande; a ruta da praia fluvial de Esmorode, e a ruta do wolfram, marcada pola mina de Varilongo.

O Concello quere lembrar a xornada sobre pesca do 12 de febreiro no edificio multiusos desde as dez da maña e ata as portas da noitiña. Santa Comba na FITUR

Mazaricos: "Un ano histórico"

Así definiu o alcalde Juan Blanco, o 2022 para o sector turístico mazaricán, durante a súa visita a Fitur. "As iniciativas turísticas van medrar durante 2022 e van chegar novos investimentos, froito de moito traballo previo para pór en valor e promocionar a nosa natureza durante varios anos”, explicou mentres realiza unha serie de contactos con axentes e mesmo bloggers para viralizar a natureza MZ na rede.

Mazaricos na fitur 2

Máis novas da FITUR

Comentarios