Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mazaricos prepara a súa semana máis gandeira

Mazaricos prepara a súa semana máis gandeira
  Durante toda a semana haberá diversas actividades dirixidas a todos os públicos Durante toda a semana haberá diversas actividades dirixidas a todos os públicos Do 23 ao 29 de novembro A Picota (Mazaricos) acolle a Semana Gandeira con distintas actividades que pretenden potenciar unha das principais actividades económicas do municipio e de boa parte da Costa da Morte. Os pratos fortes volverán ser as xornadas técnicas leiteiras e a poxa de xovencas de raza frisona, pero este ano vén cargada de novidades. Ao longo de toda esa semana, os escolares visitarán varias explotacións gandeiras de Mazaricos e participarán nun concurso de debuxo relacionado coa gandeiría. Sobre esta mesma temática xirará un concurso de fotografía. Xa durante a fin de semana, 28 e 29 de novembro, as actividades que se enmarcan dentro da Semana Gandeira ábrense ao resto do público. Así, o sábado desenvolveranse as "Xornadas técnicas do sector lácteo" e haberá outras citas cun carácter máis lúdico, tales como actividades de entretemento ou a entrega dos premios dos concursos de debuxo e de fotografía. A xornada rematará coa actuación do grupo De Vacas, que xa debutaron na Costa da Morte durante a I Muiñada de Vimianzo. E o domingo, a Semana Gandeira chegará ao seu fin cunha "Poxa de xovencas de raza frisona" e co sorteo de máis de 1.500€ en premios.

Máis actividades

Semana Gandeira concurso Fotografia A Asociación "Eu Son Mazaricos" organizará unha serie de actividades culturais e de entretemento, coas que os visitantes poderán disfrutar durante a tarde do sábado no Pavillón Municipal. Ademais, xa poden participar no Concurso de Fotografía "Mozos e Maiores no Agro", enviando as imaxes por whatsapp ao 608 936 448 ata o 20 de novembro. Con este tipo de iniciativas, o concello de Mazaricos pon en valor o sector gandeiro e convértese nun referente dentro desta área para o resto da comarca.  Ademais, son accións das que se beneficia o pequeno comercio xa que son un atractivo para visitar o municipio.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios