Unha nai e os cativos, feridos tras un accidente en Chacín

23:03 10/09/22
Pasadas as 14:00 deste sábado, acontecía un choque entre dous turismos na DP-4502, en Chacín, Mazaricos con varios feridos, entre os que habería menores.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Muros, así como dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil acodían ao lugar.
Tras ofrecer os primeiros coidados no mesmo lugar do sinistro, finalmente, foron trasladados ao hospital unha nai e dous menores con lesións de diversa consideración.
Cómpre sinalar que a colisión ocasionou problemas na circulación, que estivo interrompida ata que os recursos de emerxencias e limpeza lograron recuperar as condicións de seguridade na vía.