Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Entruido Mazaricos recuperou o Exército dos Panos

O Entruido Mazaricos recuperou o Exército dos Panos
O exercito dos Panos do Entruido de Mazaricos Un membro do recuperado Exército dos Panos do Entruido de Mazaricos

Unha batalla entre tradición e modernidade. Niso converteuse o Entruido de Mazaricos este pasado sábado 25 de febreiro, coa recuperación do Exército dos Panos e a presencia dos Superheroes MZ, gracias ademais ao asociacionismo.

O exercito dos Panos do Entruido de Mazaricos 2 O exército dos Panos do Entruido de Mazaricos

Foi un sábado de cor que arrincaba pola mañá co Exército dos Panos de Arcos asaltando, tras 5 anos sen “batalla” por falta de xente, a Feira da Picota. Os dos Panos, estiveron escoltados polos outros tres grupos que compoñen tradicionalmente o Entruido mazaricán: o coro dos vellos e o coro dos cegos. Neste caso, o Exército dos Panos vai de branco, con botas de cana alta ou polainas, encinchados e con panos nos ombreiros que cruzan o torso. Tamén levan outros prendidos nos pulsos. Porén, o realmente identificativo son uns tocados moi vistosos, feitos de cartón e adornados con plumas e pequenas xoias.

O Exército cumpriu a súa función de abrirlle sitio aos bailadores, unha parella de mozos experimentados nos bailes tradicionais. Ao grupo, tal como di o costume, seguírono outros personaxes: o varreduiro, provisto dunha vasoira feita de follas de cebro que lle fixo camiño ao resto da comparsa ou o rabechador, armado cun pau revirado. Outros homes disfrazáronse imitando oficios peculiares: o cordeleiro, o sarralleiro, o afiador, o limpabotas; ou profesións que eran novidosas na época: o médico, o veterinario ou o fotógrafo.

O exercito dos Panos do Entruido de Mazaricos 3

Como nos contaba Suso Jurjo, parece que a orixe destes desfiles militares está nas guerras napoleónicas de comezos do século XIX, aínda que superposta sobre as batallas de mouros e cristiáns de longa tradición.

Pola tarde, ao Exército dos Panos sumáronselles os SuperHeroes MZ da Asociación Cul- tural Eu Son Mazaricos. Todos xuntos, levaron a cabo un desfile polo Concello. Logo, coa colaboración da Asociación das Amas de Casa e de todas as panaderías do termo, maiores e cativos poideron gozar dunha merenda con postres típicos do Entruido e chocolatada. Do mesmo xeito, as e os nenos divertíronse con inflables, xogos populares e un photocall ambientado para a ocasión.

Os SuperheroesMZ do Entruido de Mazaricos Os SuperheroesMZ do Entruido de Mazaricos Entruido de Mazaricos

Novas relacionadas

  • Unha viaxe histórica ao Entriudo de Mazaricos.
  • Entruido 2016: Un Entruido gandeiro en Mazaricos.
  • Fonte

    Comentarios