Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O teatro e FITUR fan internacional a MZ

O teatro e FITUR fan internacional a MZ
Eroski Chevere con MZ no Matadero Eroski Chevere con MZ no Matadero

Esa MZ segue percorrendo mundo. Á presencia en Fitur hai que sumarlle a presencia teatral nun dos escenarios máis de moda da escena madrilea. O Matadero de Madrid, ese espazo recuperado para ser un referente cultural internacional, acollía este pasado mércores a obra “Eroski” da compañía de teatro Chévere.
O grupo empapou ao público madrileño a idiosincrasia da comarca, con referencias explícitas a Mazaricos. Miguel de Lira dálle á súa filla a bolsa de papel de MZ e dille: “atende, túa tía Rosa mandoume esta camiseta para ti de Eu Mazaricos, que están cos problemas do leite”. Tamén falan de lugares concretos como A Picota.

A compañía teatral convidou ao alcalde, Juan José Blanco Riveiro e ao presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo á representación en Madrid aproveitando a súa presencia en Fitur.

Teatro Chevere coa MZ  

O Camiño e a MZ na Fitur

MZ en FITUR Alcalde e Presidente de Hostaleiros de Mazaricos nunha reunión na FITUR

Así mesmo, na Feiraa turística, alcalde e hostaleiro están desenvolvendo días xornadas “maratoniana” cheas de reunións. Por unha banda, o vídeo Esencia de Mazaricos está a proxectarse no expositor da Deputación. Pola outra, o alcalde está facendo contactos con touroperadores relacionados co Camiño, dando a coñecer tanto a ruta tradicional como a variante aberta hai uns meses, que chega ata A Picota.

Por se faltaba algo, o Concello abriu conta de instagram @concellodemazaricos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios