Martes. 07.05.2024
El tiempo

Resultados dunha xornada marcada polo temporal Gong

Resultados dunha xornada marcada polo temporal Gong
O Mazaricos-Baio xogouse a pesar de que o temporal tirou co teito das bancadas-Foto- Sara Ramos

Ao final puidéronse disputar máis partidos dos esperados nesta fin de semana acosada pola Cicloxénese explosiva "Gong". I é que durante a tremenda mañá sábado recibíamos ducias de chamadas pedindo teléfonos dos equipos contrarios para suspender partidos, unha vez que federación decidía non suspender a xornada, senón só os partidos dos equipos que o solicitasen.
Ao final, durante o sábado se suspenderon ata 12 partidos nas categorías inferiores (4 partidos en Cadetes; 2 en infantís; 5 en xuvenís), completándose a fin de semana con 17 partidos aprazados.

E comezamos o repaso aos partidos que si se xogaron pola Preferente, onde a xornada no puido ser peor. E iso que era importante para que Dumbría e Xallas de Santa Comba se meteran ben arriba. Pero ambos caeron ante rivais directos. Os dumbrieses ante o Bertamiráns, que non desaproveitou o descanso do Grixoa para colocarse novo líder. Mentres, o XSC caía en Fontenla ante o Boiro, que queda 4 e 5 puntos por diante de dumbrieses e xalleiros respectivamente. Mentres, o Soneira caía co Lemos.

O partido da xornada tiña lugar na 1ª Autonómica, no Pinguel. Pero o empate final entre Ponteceso e Camariñas non soluciona os problemas de ningún. Ademais, o Fisterra sufría unha deshonroso ante un potente Estudiantil. A única boa nova chega da man do Malpica, que rompe unha malísima xeira de resultados con 8 xornadas sen coñecer a vitoria.

Na 2ª Autonómica, só se suspendía o derbi carballés entre Sofán e San Lorenzo polo mal estado do campo do Carral. Do resto, destacar a complicada vitoria desta Esteirana, que segue tirando de eficacia e seriedade para manter o liderato, e 6 puntos de vantaxe sobre Cee e Baio. Dous que non descansan, e superaban dúas duras probas en Carnota e Mazaricos. E iso que as bancadas do campo de Pedra do Ouro quedaban sen medio teito tralo paso do Gong durante o sábado.
Por abaixo houbo varios partidos importantes que afunden máis a Dumbría B, Outes, Montelouro e Cabana, quedando agora o Mazaricos como equipo visagra entre un grupo de escapados e os de abaixo. Corcubión, Muros, Volantes e Castriz escapan tras vencer, respectivamente ao Outes (no min.94 e tras ir perdendo boa parte do partido), o Montelouro (que leva 11 xornadas sen sumar), ao Cabana, e ao Buño. O filial dumbriés non puido cun Corme que vai collendo ritmo e do que se agarda unha temible segunda volta.

En 3ª, suspendeuse o choque entre Alcaián e Camelle. O líder, o Porteño segue sen coñecer a derrota pero non pasaba do empate a ceros ante o Nantón. Por detrás, o Independiente tampouco era quen de superar a un Cerqueda que quere manter a súa posición de privilexio, mentres os do segundo grupo xa lle veñen enriba. Como o Soneira B, que vencía con solvencia e bo xogo ao Ameixenda. O Muxía mantén a 6ª praza e iso que descansaba, e o Laxe entra nunha loita que parece esquecer o Lira, que hoxe estreaba adestrador.

Comezaban as segundas fases nos Xuvenís, pero o facían a medias. 5 encontros de 9 eran aprazados, polo que pouco podemos dicir. Na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega dous partidos e claras vitorias, se cadra demasiado claras. O Dumbría superaba 2-0 ao Ponteceso no choque dos campións. Mentres o Cabana sorprendía a un desaparecido Fisterra en Ara Solis. Na Copa, O Coristanco foi o único que sumou os 3 puntos ante a Esteirana xa que o Camariñas-Muros rematou a 0.

En Cadetes e Infantís, como dicimos, apenas se xogaron 6 partidos tralos 5 choques suspendidos en cadetes e 3 en infantís.

Preferente, xornada 21

Lemos 4-1 Soneira
Bertamiráns 2-0Dumbría
Xallas de Santa Comba 1-3 Boiro

1ª Autonómica, xornada 19

Ponteceso S.D. 1-1 Camariñas F.C.
S.C.D. Malpica 3-2 SD Piloño
Ag. Estudiantil 6-0 S.D. Fisterra

2ª Autonómica, xornada 19

Montelouro 0-3 Muros S.D.
Mazaricos C.F. 0-2 C.D. Baio
Sp. Zas 0-1 S.D. Esteirana
Corme C.F. 4-1 Dumbría C.F. B
U.D. Carnota 0-2 U.C. Cee
S.D. Castriz 2-0 Buño S.D.
S.D. Sofán Susp. S.D.San Lorenzo
Volantes F.C. 3-2 Cabana S.D.
Outes C.F. 3-4 U.D. Corcubión

3ª Autonómica, xornada 19

Laxe 4-0 C.F. Castrelo
Soneira S.D. B 5-1 S.D. Ameixenda
Xaviña F.C. 5-3 Lira C.F.
S.D. Alcaián Susp. Camelle S.D.
S.D. Coristanco 1-1 C.D. Baíñas
U.D. Cerqueda 1-1 Indep. Carballo
Porteño C.F. 0-0 C.D. Nantón
  • Descansa Muxía.
  • SDC Corcoesto - S.D. Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Xallas Santa Comba Susp. Malpica
Dumbría 2-0 Ponteceso
Fisterra 0-5 Cabana

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 1

Muros 0-0 Camariñas
Baio Susp. Outes
Muxía Susp. Laxe

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 1

Mazaricos Susp. Soneira
Coristanco 3-1 Esteirana
Cee Susp.Corme

Liga Galega Cadete, xornada 18

Bergantiños C.F. 4-1 C.D. Conxo B
Xuventude Oroso0-0 C.F. Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 19

C.F. Dumbría Susp. Montañeros B.G.
Bergantiños C.F. Susp. Galicia Caranza

1ª Cadete, xornada 11

Xallas StComba Susp. Cabana
Muxía Susp. Ponteceso
Coristanco Susp. Baio
Muros 1-3 Fisterra
Cee Susp. Con. de Carnota
Zas 3-3 Porteño
Outes Susp. Esteirana

1ª Infantil, xornada 15

Vimianzo 1-5 Corme
Sofán 1-0 Os Miudos
Cabana Susp. Coristanco
Cee Susp. Baio
Fisterra 14-0 Ponteceso
Outes Susp. As Baleas
Esteirana 11-0 Muxía
  • Descansa Xallas Santa Comba.

Ligas de Veteranos, xornada 18

1ª División

Soneira 1-0 San Román
Ponteceso 4-2 Vimianzo
Nantón 0-1 Camariñas
Corcubión Vet. 2-2 Coristanco
Castriz 3-1 Xv. Bergantiños
Bergantiños 1-3 Zas
Cabana 5-3 Baio
Bértoa 1-0 San Lorenzo

2ª División

Sofán 2-2 Corme
Porteño 1-1 Camelle
Corcoesto 2-0 Dep. Carballo
U.D. Cerqueda 2-3 Buño
Agualada 2-2 At. Milagrosa
Malpica 0-2 Muros
Poniente 3-0 Leiloio

Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios