Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os coches deportivos de Mazaricos non lle tiveron medo a Félix

Os coches deportivos de Mazaricos non lle tiveron medo a Félix

Non puido Félix coas ganas dos donos de coches deportivos de ensinalos, e foron máis de 50 os cochazos que viñeron ata a Costa da Morte para lucir na segunda edición da Concentración de Coches Deportivos de Mazaricos.

Na concentración estaban presentes o campión galego de rallys 2006 e 2007 José M. Barmarti e o 5 veces campión galego de rallys e 2 veces campión galego de montaña, Manuel Senra Caamaño. A potencia máxima que se acumulou entre todos os participantes foron 20.000 CV e o coche con maior potencia contaba con 600 CV.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro, afirmou que “é un xeito de dar a coñecer o noso concello en diversos sectores de actividade”. Por outra banda, o rexedor sinalou que “este ano hai máis coches que o ano pasado, polo que é unha cita que se vai consolidando”.

Medio cento de coches deportivos enchen o Campo da Feira da Picota de Mazaricos Medio cento de coches deportivos enchen o Campo da Feira da Picota de Mazaricos Propietarios de coches deportivos en Mazaricos Propietarios de coches deportivos en Mazaricos

Fonte

  • Mazaricos.

Comentarios