P.E. A Picota: Os eólicos comprometen o sector gandeiro

O Concello organiza este mércores unha xuntanza informativa

Continuamos descubrindo que o novo Complexo Eólico é máis grande do que parece. E facémolo gracias ás entidades sociais, e a contados Concellos, neste caso, como o de Mazaricos, directamente afectado polo Parquye Eólico A Picota. O Concello convoca unha xuntanza informativa para este mércores 10 de novembro ás 12:00h na Casa da Cultura da Picoia. Unha reunión servirá tamén para escoitar á veciñanza a fin de preparar alegacións ao proxecto.

Da man da Asociación Petón do Lobo coñecemos un pouco máis o proxecto:

1.000 fincas afectadas

Son 10 os aereoxeneradores de 112 metros de altura de buxe e 134 diámetro de rotor, ademais dunha torre meteorolóxica de 112 metros de altura; unha subestación. A potencia nominal é de 4,2 megavatios, afectando un milleiro de fincas e comprometendo gravemente a actividade agrogandeira. O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, lembra que esta actividade constitúe o motor económico do municipio. Os servizos técnicos municipais indican que o 80% da superficie afectada ten alto valor agrogandeiro. É por iso que o rexedor lamenta que dende a Xunta “se intente pór en valor a terra agraria mentres se autorizan proxectos que lle restan ese valor”.

O alcalde engade que o proxecto, tal e como está concibido, afectará incluso ao Camiño de Santiago Fisterra-Muxía ao paso polo municipio. Tres dos muíños atoparanse próximos ao trazado da ruta xacobea. O coidado do patrimonio non pode ser compatible coa instalación de estruturas de 200 metros de altura.

Fragmentación

A denuncia unha vez máis a fragmentación do proxecto industrial en varios proxectos independientes (A Picota divídese en A Picota e A Picota II) para envitar superar os 50 MG de potencia e ter que pasar polas mans do Ministerio.

Ademais da “falla de utilidade pública e interés social” e a “Ausencia de retorno social” as entidades sociais tamén denuncian a afectación á Paisaxe e ao Turismo, ao Camiño, e ao sector gandeiro.

Para Petón do Lobo está clara: “O uso forestal e a funcionalidade actual dos montes afectados polos parques eólicos Monte Portochán, As Castiñeiras e Monte Silvariño PREVALECEN sobre o uso previsto no proxecto eólico citado e RESULTA INCOMPATIBLE a actual utilidade e funcionalidade dos montes cos usos eólicos previstos.”

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS